Gerald Rudolph Ford, Jr.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Gerald Rudolph Ford, Jr., nado en Omaha (Nebrasca) o 14 de xullo de 1913 e finado en Rancho Mirage (California) o 26 de decembro de 2006. foi un político estadounidense, presidente dos Estados Unidos de América de 1974 a 1977.
Traxectoria
editarTras estudar en Yale e participar na segunda guerra mundial, na mariña, en 1965 foi nomeado líder da minoría republicana na Cámara dos Representantes.
En 1973, tras a renuncia de Spiro Agnew (vicepresidente de Nixon), foi nomeado novo vicepresidente, e á fin, 38º presidente dos Estados Unidos de 1974 ata 1977 tras a dimisión de Richard Nixon polo escándalo do Watergate.
A súa primeira medida como presidente foi perdoar de todos os delitos federais ao seu predecesor e amigo, Richard Nixon. En 1976 Ford gañou a carreira das primarias a Ronald Reagan, porén perdeu fronte ao demócrata Jimmy Carter as eleccións do ano seguinte.
Levou a cabo unha política economicamente liberal, reducindo impostos e recurtando o gasto social. Promoveu a distensión coa Unión Soviética (véxase guerra fría).
Predecesor: Richard Nixon |
Presidente dos Estados Unidos de América 1974–1977 |
Sucesor: Jimmy Carter |