Ronald Reagan
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Ronald Wilson Reagan, nado o 6 de febreiro de 1911 e finado o 5 de xuño de 2004, foi o cuadraxésimo presidente dos Estados Unidos, de 1981 a 1989, e o 33 gobernador do estado de California, de 1967 a 1975. Antes de entrar en política, foi actor.
Ronald Reagan | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Ronald Wilson Reagan |
Nacemento | 6 de febreiro de 1911 |
Lugar de nacemento | Tampico |
Falecemento | 5 de xuño de 2004 |
Lugar de falecemento | Bel Air |
Causa | pneumonía e Alzhéimer |
Soterrado | Biblioteca e Museu Presidencial Ronald Reagan |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Raza branca |
Relixión | presbiterianismo, Restauracionismo e Igrexa cristiá (discípulos de Cristo) |
Alma máter | Dixon High School e Eureka College |
Ocupación | actor de televisión, actor de cinema, político, autobiógrafo, actor de xénero, guionista, oficial, actor, sindicalista, locutor, estadista, actor de dobraxe, autor de diarios, salva-vidas e anticomunista |
Pai | Jack Reagan |
Nai | Nelle Wilson Reagan |
Cónxuxe | Nancy Reagan e Jane Wyman |
Fillos | Maureen Reagan, Patti Davis, Ron Reagan e Christine Reagan |
Irmáns | Neil Reagan |
Coñecido por | Tear down this wall |
Premios | cidadán de honor de Berlín, Cabaleiro gran cruz da Orde do Baño, Orde da Aguia Branca, Collar of the Order of the White Lion, Francis Boyer Award, Medalla Presidencial da Liberdade, Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos de América, Salón da Fama de California, Doublespeak Award, Theodore Roosevelt Award, Horatio Alger Award, Labor Hall of Honor, star on Hollywood Walk of Fame, Grande Cruz do Mérito da República Federal da Alemanha, Grand Cross of the Order of Merit of the Republic of Poland, honorary doctorate of the Weizmann Institute of Science, Doublespeak Award, Grand Cordon of the Supreme Order of the Chrysanthemum, Armed Forces Reserve Medal, American Defense Service Medal, Medalha da Campanha Americana, Medalha de Vitória da Segunda Guerra Mundial, Ordem do Leão Branco, Ordem do Crisântemo, Order pro Merito Melitensi, Order of Merit of the Republic of Poland, honorary citizen of Vilnius e honorary citizen of Gdańsk |
Na rede | |
http://www.whitehouse.gov/about/presidents/ronaldreagan/ e https://whitehouse.gov/about-the-white-house/presidents/ronald-reagan/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Nado en Illinois, Reagan mudouse ós Ánxeles, California, en 1928, onde traballou como actor, foi presidente do Screen Actors Guild (Sindicato de Actores de Pantalla ou SAG polas súas siglas en inglés) e voceiro da compañía multinacional de infraestruturas, servizos financeiros e medios de comunicación, General Electric (GE). Os seus comezos na política producíronse durante o seu traballo en GE; orixinalmente membro do Partido Demócrata, cambiou ó Partido Republicano en 1962 á idade de 51 anos. Despois de facer un entusiasta discurso en apoio á candidatura presidencial de 1964 de Barry Goldwater, foi persuadido para acadar a gobernación de California, gañándoa dous anos despois e por segunda vez en 1970. Foi vencido na súa carreira polo nomeamento republicano presidencial en 1968 e en 1976, pero gañou tanto o nomeamento como as eleccións en 1980, converténdose en Presidente dos Estados Unidos de América.
Como presidente introduciu novas e ousadas iniciativas políticas e económicas. A súa política económica, encadrada na chamada economía da oferta, fíxose famosa baixo o nome de "reaganomics", caracterizada pola desregularización do sistema financeiro e polas rebaixas substanciais de impostos postos aprobados en 1981. No seu primeiro período, sobreviviu un intento de asasinato, marcou unha liña dura contra os sindicatos e ademais ordenou accións militares na independente illa caribeña de Granada, achegada á costa de Venezuela. Foi reelixido cunha gran maioría nas eleccións de 1984. O segundo período de Reagan estivo marcado principalmente por asuntos estranxeiros, sendo os máis salientables o fin da guerra fría, o bombardeo de Libia e a revelación do escándalo Irán-Contra. Previamente, o presidente ordenara un masivo incremento militar para a loita estreita contra a Unión Soviética (URSS), deixando atrás a estratexia da détente. Describiu publicamente á URSS como o "imperio do mal" e apoiou movementos anticomunistas en todo o mundo a través da chamada Doutrina Reagan. Negociou o Tratado INF para o desarme nuclear co secretario xeral soviético Mikhail Gorbachev, logrando a redución dos arsenais nucleares de ámbolos dous países.
Reagan deixou o cargo en 1989. En 1994, o expresidente revelou que lle diagnosticaran a doenza de Alzhéimer a comezos dese ano. Faleceu dez anos despois, á idade de noventa e tres, sendo un dos expresidentes máis lonxevos do país.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ronald Reagan |
A Galicitas posúe citas sobre: Ronald Reagan |
Outros artigos editar
Predecesor: James Earl Carter |
Presidente dos Estados Unidos de América 1981–1989 |
Sucesor: George Herbert Walker Bush |