Anticomunismo
O Anticomunismo é a oposición ao comunismo. Historicamente, a palabra comunismo foi empregada para referirse a varios tipos de organización social e os seus partidarios, mais, dende mediados do século XIX, a corrente dominante do comunismo no mundo foi o marxismo. O comunismo marxista conseguiu moitos máis seguidores e opoñentes que todas as demais formas de comunismo xuntas. Así mesmo, o termo anticomunismo emprégase principalmente para referirse á oposición activa ao comunismo marxista.
O marxismo, e a forma de comunismo asociado a el, acadou a súa notoriedade no século XX. O anticomunismo organizado desenvolveuse como reacción á crecente popularidade do movemento comunista, e adoptou moitas formas ao longo do século XX. Os monárquicos conservadores europeos loitaron contra a primeira onda de revolucións comunistas dende 1917 a 1922. O fascismo e o nazismo baseáronse nunha forma violenta de anticomunismo; incitaban o medo á revolución comunista para obter poder político, e tentaron destruír o comunismo na segunda guerra mundial. Os nacionalistas loitaron contra os comunistas en numerosas guerras civís por todo o mundo. Tanto o conservadorismo como o liberalismo clásico conformasen gran parte das políticas exteriores anticomunistas das potencias occidentais, e dominaron o pensamento intelectual anticomunista na segunda metade do século XX.
Trala Revolución de Outubro en Rusia, o comunismo marxista quedou principalmente vencellado á Unión Soviética na imaxinación pública (aínda que había moitos marxistas e comunistas que non apoiaban á Unión Soviética e as súas políticas).[1] Como resultado, o anticomunismo e a oposición á Unión Soviética fixéronse practicamente indistinguibles, especialmente en política exterior. O anticomunismo foi un elemento importante na política exterior das Potencias do Eixo durante os anos 30 (Pacto Antikomintern) e dos Estados Unidos, o Reino Unido, o Xapón, Corea do Sur, Australia, o Canadá, Israel, e outros países capitalistas durante a guerra fría.
Anticomunismo democrático
editarMovementos liberais en contra de gobernos autoproclamados comunistas déronse en diversas partes do mundo na década dos anos 80 do século XX aproveitado as mudanzas producidas na URSS baixo o goberno de Mikhail Gorbachev, algúns deles en:
Notas
editar- ↑ https://archive.today/20120628234410/findarticles.com/p/articles/mi_m1510/is_1987_Fall/ai_5151511 The emerging left wing in the Soviet Union
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anticomunismo |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- La partícula mu en la palabra "comunismo", por Wu Ming. Análisis cómico de las palabras "comunismo" y "anticomunismo".