Theodore Roosevelt, Jr.

presidente dos Estados Unidos de América de 1901 a 1909

Theodore Roosevelt Jr, tamén coñecido como Teddy Roosevelt, nado en Nova York o 27 de outubro de 1858 e finado en Sagamore Hill o 6 de xaneiro de 1919, foi presidente dos Estados Unidos de 1901 ata 1909.

Infotaula de personaTheodore Roosevelt, Jr.

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Theodore Roosevelt Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Theodore Roosevelt Jr. Editar o valor em Wikidata
27 de outubro de 1858 Editar o valor em Wikidata
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xaneiro de 1919 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Sagamore Hill, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteembolia pulmonar Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaYoungs Memorial Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
26º Presidente dos Estados Unidos de América
14 de setembro de 1901 – 4 de marzo de 1909
← William McKinleyWilliam Howard Taft →
25º Vicepresidente dos Estados Unidos
4 de marzo de 1901 – 14 de setembro de 1901
← Garret Hobart (pt) TraducirCharles W. Fairbanks (pt) Traducir →
33º Governador de Nova Iorque (pt) Traducir
1 de xaneiro de 1899 – 31 de decembro de 1900
← Frank S. Black (pt) TraducirBenjamin Odell (politician) (pt) Traducir →
Secretario Asistente da Armada
19 de abril de 1897 – 10 de maio de 1898
← William McAdoo (New Jersey politician) (pt) TraducirCharles Herbert Allen (pt) Traducir →
Capitán Xeneral de Filipinas
Member of the New York State Assembly (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSagamore Hill (en) Traducir (1776–2020)
Washington, D.C.
Oyster Bay (pt) Traducir
Nova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrejas Reformadas (pt) Traducir, Igrexa Anglicana e Igrexa episcopal nos Estados Unidos Editar o valor em Wikidata
EducaciónHarvard College
Columbia Law School (en) Traducir
Universidade de Columbia
Friends Seminary (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura179 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Nova York
Washington, D.C. Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexplorador , naturalista , gandeiro , estadista , conservacionista , ornitólogo , autobiógrafo , escritor , político , historiador , ensaísta , autor de diarios Editar o valor em Wikidata
Período de tempoEra Progressista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano
Partido Progressista (Estados Unidos) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresYoshiaki Yamashita (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, lingua francesa, lingua alemá e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Rango militarCoronel Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Rough Riders (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra Hispano-Estadounidense Editar o valor em Wikidata
Participou en
23 de marzo de 1909Expedição Africana Smithsonian–Roosevelt (pt) Traducir
4 de marzo de 1905second inauguration of Theodore Roosevelt (en) Traducir
14 de setembro de 1901first inauguration of Theodore Roosevelt (en) Traducir
1898Guerra Hispano-Estadounidense Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FamiliaFamilia Roosevelt Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEdith Roosevelt (1886–1919), morte da persoa
Alice Hathaway Lee Roosevelt (1880–1884), morte do cónxuxe
FillosAlice Roosevelt Longworth (pt) Traducir
 () Alice Hathaway Lee Roosevelt (pt) Traducir
Ethel Roosevelt Derby (pt) Traducir
 () Edith Roosevelt (pt) Traducir
Archibald Roosevelt (pt) Traducir
 () Edith Roosevelt (pt) Traducir
Kermit Roosevelt (pt) Traducir
 () Edith Roosevelt (pt) Traducir
Theodore Roosevelt Jr. (pt) Traducir
 () Edith Roosevelt (pt) Traducir
Quentin Roosevelt (pt) Traducir
 () Edith Roosevelt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisTheodore Roosevelt Sr. Editar o valor em Wikidata  e Martha Bulloch Roosevelt Editar o valor em Wikidata
IrmánsElliott Bulloch Roosevelt (en) Traducir, Bamie Roosevelt e Corinne Roosevelt Robinson Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0740485 Musicbrainz: 78d3ca64-9e25-4c12-803f-b6455d8c74e5 Discogs: 655607 WikiTree: Roosevelt-18 Find a Grave: 898 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi un político americano que viña dunha rica familia de colonos holandeses establecida en América desde o século XVII, entrou no Partido Republicano e converteuse no líder da tendencia imperialista.

Secretario agregado á Mariña (1897-98), dimitiu para encabezar un corpo de cabaleiros voluntarios, o "Rough Riders" que se destacarían contra os españois durante a guerra de Cuba. Feito un heroe popular, elixírono gobernador de Nova York (1899-1900), logo vicepresidente dos Estados-Unidos (1900) e, a partir de setembro de 1901, sucedeu ao presidente McKinley, que acababa de ser asasinado. Reelixido en 1904, permaneceu na presidencia durante oito anos (1901-09).

 
Theodore Roosevelt no anverso dun dólar presidencial de 2013.

Campión dos dereitos "do pequeno home", contra o gran capitalismo, fixo máis eficaz a lexislación "anti-trusts" e interveu en favor dos obreiros nos conflitos sociais. Reforzou o goberno federal e aumentou a influencia do poder executivo a costa do lexislativo.

Nos asuntos exteriores, efectuou unha política activa e enérxica, afirmándoa, por unha referencia un tanto abusiva da doutrina de Monroe, o dereito dos Estados Unidos a intervir en todos os asuntos latinoamericanos; logo de fomentar unha secesión en Colombia, obtivo da nova República de Panamá a concesión necesaria para construír unha canle e unha franxa de territorio de 15 quilómetros de ancho, para unir o mar Pacífico ao mar Caribe. A canle sería inaugurada en 1914. Rompendo así co longo illamento no que se atopaban os Estados-Unidos, interveu activamente na política mundial, proporcionou a súa mediación na guerra ruso-xaponesa, fíxose representar na conferencia de Alxeciras e erixiuse como o campión da arbitraxe internacional, o que lle valeu o Nobel da Paz (1906).

En desacordo co seu propio partido, Roosevelt creou o Partido Progresista e presentouse de novo á presidencia en 1912, pero desta vez xa non foi elixido.

Aplicacións do imperialismo norteamericano editar

 
Faciana de Roosevelt no Monte Rushmore en Keystone, Dacota do Sur.

O presidente Theodore Roosevelt en 1904 engadira á doutrina Monroe un "corolario" que xustificaba a política da gran bastonada (big stick) pensando en aplicala respecto a América Latina.

O «corolario» da Doutrina Monroe;
«A incapacidade permanente e o comportamento errático e constante, dun Goberno, cuxa consecuencia sería a disolución xeneralizada dos vencellos que forma calquera sociedade civilizada, require, en América como en todas partes, a intervención dunha nación que posúe este carácter civilizado; o feito de que no marco do hemisferio occidental, os Estados Unidos se sintan responsables en virtude da adhesión á doutrina Monroe, pódeos obrigar, ata contra a súa vontade, en casos de incapacidade ou malos comportamentos obvios, a exercer o papel de xendarme ». (Fonte: presidente Théodore Roosevelt, o 6 de decembro de 1904.) [Cómpre referencia]
A emenda Platt posta en práctica en Cuba;
« "Estou tan enfadado contra esta pequena e infernal República de Cuba que me gustaría que fose borrada do mapa. Nós só queremos que eles (os cubanos) que se empoliquen ben, que sexan prósperos e felices, de xeito que non teñamos necesidade de intervir. E agora, que comezaron unha revolución completamente inxustificable e inútil, as cousas vanse converter en tan complicadas que nos veremos obrigados a intervir - o que convencerá inmediatamente a todos os idiotas sospeitosos en Suramérica xa que iso é logo de todo, é o que queriamos. » (Fonte: presidente Theodore Roosevelt, 1906.) [Cómpre referencia]

O imperialismo norteamericano manifestouse durante estes anos en ben outros países. Tras o presidente Roosevelt (1901-1909), William Howard Taft (1909-1913) inaugurou a diplomacia do dólar, máis directamente preocupada pola defensa dos intereses económicos.

Para os pequenos países de Centroamérica e o Caribe, a diferenza pasou un tanto inadvertida, ata 1933, foron numerosos os países que se converteron en protectorados financeiros norteamericanos. Así pois, en 1905, un Tratado asinado coa República Dominicana permitiu aos Estados Unidos tomar o control dos dereitos de aduana deste país ata 1941. Haití coñeceu a mesma situación entre 1915 e 1934. En 1920, o National City Bank xa controlaba as finanzas da facenda pública.