John Adams

presidente dos Estados Unidos de América de 1797 a 1801

John Adams, nado en Quincy (Massachusetts) o 30 de outubro de 1735 e finado na mesma vila o 4 de xullo de 1826, foi o segundo Presidente dos Estados Unidos, dende 1797 ata 1801, considerado un dos pais fundadores dos Estados Unidos.

John Adams
John Adams

4 de marzo de 1797 – 4 de marzo de 1801
Vicepresidente Thomas Jefferson
Precedido por George Washington
Sucedido por Thomas Jefferson

1º Vicepresidente dos Estados Unidos
21 de abril de 1789 – 4 de marzo de 1797
Presidente George Washington
Precedido por -
Sucedido por Thomas Jefferson

Datos persoais
Nacemento 30 de outubro de 1735 Braintree (agora Quincy) (Massachusetts)
Falecemento 4 de xullo de 1826 (90 anos) Quincy (Massachusetts)
Partido Federalista
Profesión avogado
Alma máter Universidade Harvard
Relixión Unitarismo

Na rede
IMDB: nm1547016 Discogs: 4930141 WikiTree: Adams-10 Find a Grave: 6 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Adams chegou á elite política nas primeiras etapas da Revolución Americana. Como delegado de Massachusetts no Congreso Continental, desempeñou un papel importante persuadindo ao Congreso para declara-la independencia, e axudou a Thomas Jefferson na redacción da Declaración de Independencia dos Estados Unidos en 1776. Como representante do Congreso en Europa, foi un dos negociadores principais do Tratado de París coa Gran Bretaña, e un dos principais responsables da obtención de préstamos importantes de banqueiros de Ámsterdam. Teórico político e historiador, Adams escribiu en gran medida a constitución do estado de Massachusetts en 1780, pero atopábase en Europa cando se redactou a Constitución federal en termos semellantes. En 1775 nomeou a George Washington coma comandante en xefe do Exército Continental, e vinte e cinco anos máis tarde nomeou a John Marshall coma Presidente do Tribunal Supremo dos Estados Unidos.

Actuou coma vicepresidente de George Washington en dous mandatos para posteriormente ser elixido en 1796 coma o segundo presidente da nación. Durante o seu mandato presidencial, atopouse con feroces ataques por parte do Partido Demócrata-Republicano de Thomas Jefferson, así coma a facción dominante do seu propio partido, o Partido Federalista liderado por Alexander Hamilton. Adams firmou as polémicas Actas de sedición e estranxeiros, e conformou o exército e a mariña no contexto da guerra naval non declarada con Francia entre 1798-1800.

 
John Adams no anverso dun dólar presidencial de 2007.

En 1800 Adams saíu derrotado na reelección por Thomas Jefferson e retirouse a Massachusetts. El e mais a súa dona, Abigail Adams, fundaron unha liña familiar de políticos, diplomáticos e historiadores nos Estados Unidos. Foi pai de John Quincy Adams, sexto Presidente dos Estados Unidos. O 4 de xullo de 1826 faleceu aos 90 anos de idade, o mesmo día do 50º Aniversario da Declaración de Independencia.


Predecesor:
George Washington
  
Presidente dos Estados Unidos de América
 
1797 - 1801
Sucesor:
Thomas Jefferson