Abrir o menú principal

O Congreso Continental é como se coñece a dous corpos sucesivos de representantes das provincias das Trece Colonias no século XVIII na Norteamérica británica:

Despois da ratificación dos Artigos, o Congreso Continental foi sucedido polo primeiro goberno lexislativo de iure dos Estados Unidos:

  • O Congreso da Confederación ou os Estados Unidos Reunidos en Congreso funcionou a partir do 1 de marzo de 1781 ata que o primeiro goberno constitucional estadounidense chegou a ser operativo o 4 de marzo de 1789. Os membros do Segundo Congreso Continental foron trasladados automaticamente ao Congreso da Confederación.

Formado inicialmente para coordinar unha resposta americana común ás Leis Intolerables, o Congreso Continental deveu rapidamente no corpo gobernativo da nova nación na medida en que o conflito co goberno británico foise estendendo e acabou na guerra revolucionaria americana. Unha vez que a guerra terminou, os membros do Congreso funcionaron como corpo gobernativo dos Estados Unidos de América, reorganizado como novo corpo lexislativo nacional.

Primeiro Congreso ContinentalEditar

En setembro de 1774, os representantes das asembleas das colonias reuníronse en Filadelfia. O dilema que enfrontaba ao Congreso non era simple porque tiña que mostrar firmeza ante o goberno inglés e, á súa vez, debía pór freo aos desexos independentistas dos Fillos da Liberdade, que alarmaban aos sectores conservadores, máis proclives a chegar a un acordo coa Coroa británica.

O Congreso aprobou unha Declaración de Dereitos e Agravios dirixida ao pobo de Gran Bretaña e das colonias, e tamén aprobou unha petición ao rei. En ambos os documentos recoñecíase o dereito do Parlamento a regular o comercio exterior pero se defendía o dereito das colonias a manexar os seus propios asuntos internos sen intervención do goberno imperial.

Esta decisión non agradou aos grupos máis radicais, que sostiñan que o Parlamento non tiña ningún dereito sobre as colonias, que os colonos debían amar e honrar ao rei, apoialo nas guerras e respectar os tratados internacionais que este asinase e que as colonias debían gobernarse por medio das súas asembleas. Esta doutrina non ía ser aceptada polo goberno británico, xa que aceptala significaba o fin da relación colonial.

Segundo Congreso ContinentalEditar

En maio de 1775 reuniuse en Filadelfia o Segundo Congreso Continental. Este congreso nomeou a un militar de carreira e gran propietario de terras en Virxinia, o coronel George Washington, comandante en xefe das forzas norteamericanas. Tamén autorizou o envío dunha expedición a Quebec para dominar o Canadá e forzar a súa unión ás Trece Colonias. A guerra á metrópole estaba declarada.

Datas importantesEditar

BibliografíaEditar

  • Bancroft, George. History of the United States of America, from the discovery of the American continent. (1854–78), vol. 4–10 online edition (en inglés)
  • Miller, John C. Triumph of Freedom, 1775–1783 (1948) online edition (en inglés)
  • Miller, John C. Origins of the American Revolution (1943) online edition (en inglés)
  • Journals of the Continental Congress September 5, 1774 to March 2, 1789 online (en inglés)