1 de marzo
data
<< | Marzo | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
2024 Todos os días |
O 1 de marzo é o 60 día do ano do calendario gregoriano e o 61º nos anos bisestos. Quedan 305 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1493 - A carabela Pinta, mandada por Martín Alonso Pinzón e pilotada por Sarmiento, arriba a Baiona.
- 1810 - Concédeselle a Vigo o título de cidade pola súa heroicidade na Guerra da Independencia.
- 1896 - Batalla de Adua entre Abisinia (Etiopía) e Italia.
- 1979 - Segundas eleccións xerais en España.
- 1983 - Aprobación do Estatuto de autonomía das Illas Baleares
Nacementos
editar- 40 - Marco Valerio Marcial, poeta latino.
- 1105 - Afonso VII, en Caldas de Reis
- 1445 - Sandro Botticelli, pintor italiano.
- 1810 - Frédéric Chopin, compositor clásico polonés
- 1814 - Frei Rosendo Salvado, frade, misioneiro, bispo e escritor galego. É considerado como o introdutor do eucalipto en Galiza.
- 1858 - Georg Simmel, filósofo e sociólogo alemán.
- 1886 - Oskar Kokoschka, artista austríaco.
- 1901 - Benito López García, mestre e pedagogo galego.
- 1917 - Robert Lowell, poeta estadounidense.
- 1917 - Ángel Lemos de los Reyes, pintor e escultor galego.
- 1924 - Eliseo Alonso, escritor galego (m. 1996).
- 1927 - Rosario Dúrcal, actriz galega (m. 1993)
- 1928 - Seymour Papert, matemático surafricano, pioneiro na Intelixencia artificial.
- 1945 - Chelo Suárez, escritora galega.
- 1959 - Antón Baamonde, filósofo e escritor galego.
- 1966 - Delphine de Vigan, escritora francesa.
- 1968 - Ánxela Gracián, escritora galega.
- 1982 - Vanesa Rial, xogadora de rugby galega, olímpica en Río 2006.
- 1985 - Leticia Santos Paz, política galega e alcaldesa de Moaña dende 2015.
- 1994 - Justin Bieber, cantante canadense.
Mortes
editar- 965 - León VII, Papa.
- 977 - Rosendo de Celanova, abade, bispo e conde galego.
- 1383 - Amadeu VI de Savoia.
- 1643 - Girolamo Frescobaldi, compositor italiano.
- 1862 - Peter Barlow, matemático inglés.
- 1906 - José María de Pereda, novelista español.
- 1938 - Gabriele d'Annunzio, poeta e político italiano.
- 1988 - Carlos Velo, cineasta galego (n. 1909).
- 2014 - Alain Resnais, director de cine francés (n. 1922).
Festas e celebracións
editar- Día de les Illes Balears, en conmemoración da data de aprobación do seu Estatuto de Autonomía, en 1983.
- Día de Baba Marta (Bulgaria)
Festas cristiás
editar- Na Igrexa Católica: