Oskar Kokoschka

pintor e poeta expresionista austríaco

Oskar Kokoschka, nado en Pöchlarn o 1 de marzo de 1886 e finado en Montreux o 22 de febreiro de 1980, foi un pintor e poeta austríaco, coñecido principalmente polos seus retratos e paisaxes expresionistas.[1]

Oskar Kokoschka
Nacemento1 de marzo de 1886
Lugar de nacementoPöchlarn
Falecemento22 de febreiro de 1980
Lugar de falecementoMontreux
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoVaud
NacionalidadeAustria, Cisleitania, Austria, Reino Unido, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Checoslovaquia
Alma máterUniversity of Applied Arts Vienna
Ocupaciónpintor, dramaturgo, poeta, profesor universitario, deseñador, artista gráfico, debuxante, artista visual, ilustrador e escritor
Coñecido porPrometheus, A noiva do vento e Self-Portrait of a Degenerate Artist
PremiosOrde do Mérito das Ciencias e as Artes, Premio Erasmus, Lovis Corinth Prize e Prêmio Lichtwark
Na rede
IMDB: nm1786123 Discogs: 2372150 IMSLP: Category:Kokoschka,_Oskar Find a Grave: 8241370 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Oskar Kokoschka naceu no seo dunha humilde familia dedicada á arte da ourivaría, que residía na pequena localidade austríaca de Pöchlarn, situada na ribeira do río Danubio. Como consecuencia do proceso de industrialización ao que estaba a ser sometida gran parte de Europa central por aquel entón, os seus achegados sufriron unha serie de graves problemas económicos que o levaron a tentar buscar unhas vías de renovación e reivindicación da fabricación artesanal.

Con dezanove anos ingresou na Escola de Artes e Oficios de Viena, lugar en que desenvolveu a súa preparación académica entre os anos 1905 e 1908. Durante o catro anos seguintes traballou conxuntamente co arquitecto e deseñador industrial Josef Hoffmann, quen creara unha serie de obradoiros caracterizados por desenvolver a súa actividade dun modo cooperativo. A partir do ano 1908, fíxose cada vez máis evidente a influencia que exercían sobre el personaxes como Gustav Mahler, Gustav Klimt e Sigmund Freud.

Inicio da carreira editar

En 1908 publicou o seu primeiro libro de poemas, Die traumenden Knaben, ilustrado por el mesmo, que tomou a forma dunha fantasía adolescente que era demasiado pouco apropiada para un público mozo.[2] Nesta primeira obra aínda era posible advertir unha gramática lineal, plana e decorativa propia do movemento moderno vienés. Nese mesmo ano realizou unha serie de carteis e postais para a Wiener Werkstätte (Talleres de Viena), que foron expostos na Kunstschau vienesa,[3] xunto unha escultura e o libro Die Träumenden Knaben. Con todo, as súas obras foron moi mal acollidas por parte do público e da crítica, sentíndose estes sectores agraviados pola fortísima expresividade das súas creacións. A mesma reacción deuse cando estreou a súa obra teatral Mörder, die Hoffnung der Frauen ("O asasino, a esperanza das mulleres"), que foi a creación pioneira do expresionismo escénico.

En 1909 coñeceu o arquitecto Adolf Loos, quen lle ofreceu protección a cambio da súa arte, é dicir, estableceuse unha relación de mecenado. Despois de traballar en diferentes proxectos que lle foron encomendados por parte do seu protector (entre eles o seu primeiro retrato), Adolf Loos puxo en contacto a Oskar con Herwarth Walden, que era o fundador da revista expresionista Der Sturm. Con posterioridade, Kokoschka tamén se vinculou con Karl Graus e o círculo de Käthe Richter.

Traslado a Berlín editar

 
Kokoschka en 1963

Frustrado polas malas críticas recibidas durante a súa estadía en Viena, o artista autríaco decidiu mudarse á capital alemá no ano 1910, coa axuda de Herwarth Walden. Na nova cidade dedicouse fundamentalmente a retratar as personaxes que estaban vinculadas á intelectualidade alemá e austríaca da época ata o estalido da primeira guerra mundial.

Romance con Alma Mahler editar

Entre os anos 1912 e 1915 mantivo unha relación sentimental con Alma Mahler, viúva do compositor Gustav Mahler, que acabou por romper trala fuxida de Alma ao temer o desenlace dun romance que por ocasións chegaba a rozar a tolemia. Unha vez acabada a relación, Kokoschka decidiu elaborar unha pintura que puxese de manifesto a forza do amor e a perduración deste a pesar das múltiples adversidades: A noiva do vento.[4] Así mesmo, encargou a fabricación dunha boneca de tamaño real. Aínda que intentaba simular a Alma e recibir o seu afecto, a boneca non satifixo a Kokoschka e destruíuna durante unha festa.[5]

Despois da primeira guerra mundial editar

Entre 1919 e 1924 foi profesor da Escola de Artes de Dresden.

Volveu a Viena en 1933 e despois da morte da súa nai, en 1934, exiliouse en Praga por razóns políticas. Alí coñeceu a Olga Palkovska, con quen contraeu matrimonio. En 1938, debido á ocupación nazi de Checoslovaquia, abandonou o seu estudio en Moldavia e fuxiu coa súa esposa a Londres (1938-53). En 1946 converteuse en cidadán británico e viaxou brevemente aos Estados Unidos en 1947.

En 1953, estabeleceuse en Villeneuve (Suíza), onde pasou os últimos 27 anos da súa vida. Ata 1978 non recuperou a nacionalidade austríaca.

Morte editar

 
Kokoschka en 1963

A longa e axitada vida do pintor austríaco, expoñente do expresionismo, concluíu en Montreux, ao non superar un infarto de miocardio. O seu falecemento sobreveu mentres se atopaba ditando as súas memorias. Foi enterrado no cemiterio central de Montreux.[6]

Notas editar

  1. Diccionario de Arte II (en castelán). Barcelona: Biblioteca de Consulta Larousse. Spes Editorial SL (RBA). 2003. p. p.16. ISBN 84-8332-391-5. DL M-50.522-2002. 
  2. "Oskar Kokoschka Die träumenden Knaben (The dreaming boys) | NGV". www.ngv.vic.gov.au. Consultado o 23 de novembro de 2019. 
  3. Kokoschka, Oskar (1948). Oskar Kokoschka, a retrospective exhibition. Published for the Institute of Contemporary Art, Boston ... [et al.] by the Chanticleer Press. OCLC 1022847914. 
  4. Lachnit, Edwin (2003). "Kokoschka, Oskar". Grove Art Online.
  5. Alma. History (alma-mahler.com). Consultado o 20 de xaneiro de 2018
  6. "Wer war Oskar Kokoschka?". mdr.de (en alemán). Leipzig: Mitteldeutscher Rundfunk. 2007. Consultado o 23 de novembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Alfred Weidinger, Alice Strobl: Oskar Kokoschka. Die Zeichnungen und Aquarelle 1897-1916. Werkkatalog, 1. Band. Hg. Albertina. Verlag Galerie Welz, Salzburg 2008, ISBN 978-3-85349-290-1
  • Hilde Berger: Ob es Hass ist solche Liebe? Oskar Kokoschka und Alma Mahler, Böhlau Verlag, Wien 1999,203 S., ISBN 3-205-99103-6 2008 ISBN 978-3-205-78078-6
  • Oliver Hilmes: Witwe im Wahn  –  Das Leben der Alma Mahler-Werfel, Siedler Vlg., München 2004, 482 S., 40 s/w-Abb., ISBN 978-3-88680-797-0.
  • Wolfgang Maier-Preusker: Buch- und Mappenwerke mit Grafik des Deutschen Expressionismus, Ausst.Kat. für Hansestadt Wismar, Wien 2006, ISBN 3-900208-37-9
  • Heinz Spielmann: Oskar Kokoschka  –  Leben und Werk, Dumont Vlg., 535 S., 151 farb. u. 481 s/w-Abb., Köln 2003, ISBN 978-3-8321-7320-3. Grundlegende und umfassende Standardmonographie.
  • Alfred Weidinger: Kokoschkas King Lear. Hg. Albertina, Wien 1995, ISBN 3-900656-29-0
  • Alfred Weidinger: Kokoschka und Alma Mahler  –  Dokumente einer leidenschaftlichen Begegnung, Reihe 'Pegasus Bibliothek', Prestel Vlg., München/New York 1996, 123 S., ISBN 3-7913-1711-3.
  • Widerstand statt Anpassung: Deutsche Kunst im Widerstand gegen den Faschismus 1933–1945, Elefanten Press Verlag GmbH, Berlín 1980
  • Norbert Werner (Hg.): Kokoschka  –  Leben und Werk in Daten und Bildern, it 909, 249 S., Insel Vlg., Frankfurt/M. 1991, ISBN 3-458-32609-X, Informative Kompaktdarstellung mit hälftigem Bildanteil.
  • Hans M. Wingler, Friedrich Welz: Oskar Kokoschka - Das druckgraphische Werk, Verlag Galerie Welz, Salzburg 1975 ISBN 3-85349-037-9
  • Johann Winkler, Katharina Erling: Oskar Kokoschka  –  Die Gemälde 1906-1929, Verlag Galerie Welz, Salzburg 1995
  • Alfred Weidinger: Oskar Kokoschka. Träumender Knabe Belvedere, Wien 2008, ISBN 978-3-901508-37-0

Ligazóns externas editar