Leticia Santos Paz

política galega

Leticia Santos Paz, nada en Moaña o 1 de marzo de 1985, é unha política galega do BNG.

Infotaula de personaLeticia Santos Paz

(2015) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1985 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Moaña, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Moaña
2015 –
← José Fervenza Costas Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos e formación

editar

Viviu en Moaña ata os tres anos, cando se trasladou coa súa familia a Cacheiro (A Canicouva, Pontevedra). Estudou na EEI de Paredes, no CPI do Toural e no CEIP de Reibón, ao regresar en 1992 a Moaña. Despois estudou no IES As Barxas e acadou o grao en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo. A seguir, traballou varios anos na empresa privada.

Deporte

editar

Practicou taekwondo e, logo de gañar o campionato galego con 16 anos e quedar subcampioa de España, chegou a formar parte do equipo da Universidade de Vigo que se proclamou campión estatal universitario. No 2006 acadou a nivel individual o campionato estatal e participou no Campionato do Mundo Universitario de Valencia, chegando até cuartos de final.

Carreira política

editar

Entrou na política da man de Diego Riobó, concelleiro de Cultura en Moaña, quen a animou a ir na candidatura ás eleccións municipais de 2011, no posto número 12. Tras a morte de Diego en setembro de 2011 tivo un maior achegamento á formación política, na que milita desde o 2013. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Moaña,[1] obtendo 6 concelleiros, e foi elixida alcaldesa co apoio dos 3 concelleiros do PSdeG-PSOE.[2] Nas eleccións de 2023, conseguiu a maioría absoluta.[3]

  1. Redacción (27 de xaneiro de 2019). "Leticia Santos: "Atopamos un Concello ao borde da intervención e agora traballamos en grandes proxectos"". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2024. 
  2. Redacción (14 de xuño de 2015). "Leticia Santos se estrena como la primera alcaldesa en la historia de Moaña". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2024. 
  3. Torres, M. (30 de maio de 2023). "Leticia Santos, tras lograr la mayoría absoluta en Moaña: «Queremos que a veciñanza de Moaña viva sen que lle falte de nada»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
José Fervenza Costas
  
Alcaldesa de Moaña
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo