A Canicouva, Pontevedra
Coordenadas: 42°22′18″N 08°36′51″O / 42.37167, -8.61417
Santo Estevo da Canicouva | |
---|---|
![]() | |
Concello | Pontevedra |
Área | 4,38 km² |
Poboación | 280 hab. (2012) |
Densidade | 63,93 hab./km² |
Entidades de poboación | 3 |
Santo Estevo da Canicouva é unha parroquia situada no sueste do concello de Pontevedra. Segundo o INE no 2012 tiña 252 habitantes (135 mulleres e 115 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación,[1] o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 289 habitantes.
A Canicouva limita ao norte con Tomeza, ao sur con Ponte Sampaio, ao leste con Xustáns e Taboadelo (Ponte Caldelas) e ao oeste con Figueirido (Vilaboa).
Formou parte do concello de Ponte Sampaio desde 1833 até 1960, ano en que foi anexionada ao de Pontevedra.
PatrimonioEditar
No outeiro das Forcadas hai un miradoiro desde o que se aprecia a ría de Vigo e o val de Soutomaior, formado polo río Verdugo.
No lugar do Coto das Saleiras está a Rocha dos Franceses. Segundo a lenda, debaixo dela xacen os soldados mortos na Batalla de Ponte Sampaio durante a Guerra da Independencia Española.
As festas patronais celébrase o día 26 de decembro (santo Estevo).
Lugares e parroquiasEditar
Lugares da CanicouvaEditar
Lugares da parroquia da Canicouva no concello de Pontevedra | |
---|---|
Parroquias de PontevedraEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
NotasEditar
- ↑ Instituto Nacional de Estadística (ed.). "Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional para A Canicouva" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.