Abrir o menú principal

Lérez, Pontevedra

parroquia do concello de Pontevedra

San Salvador de Lérez é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2008 tiña 1.802 habitantes (902 mulleres e 900 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2007 cando tiña 1.771 habitantes.

Lérez
Mosteiro de San Salvador de Lérez.jpg
Mosteiro de San Salvador de Lérez
ConcelloPontevedra
Área6,35 km²
Poboación1.711 hab. (2017)
Densidade269,45 hab./km²
Entidades de poboación21

HistoriaEditar

A ruta portuguesa do camiño de Santiago correspóndese ao seu paso pola parroquia coa vía romana XIX do itinerario de Antonino.

Segundo a tradición, no lugar da Santiña o apóstolo Santiago parou a descansar no súa peregrinación por Galicia. A raíz desta lenda, o día de Santiago (25 de xullo) ofrécese ao patrón unha uva dunhas parras que maduran antes. A poucos metros está situado un cruceiro de 1822.

En 1925 foi creada a Caja Rural de Lérez, que permaneceu activa até 1936, sendo pechada tralo Alzamento Nacional. O 10 de setembro dese mesmo ano, no contexto da guerra civil española, apareceu morto no lugar da Gándara Juan Magdalena García, labrego de 36 anos veciño de Cerponzóns, que foi paseado[1].

PatrimonioEditar

No lugar de Casaldarado estaba o castelo de Cedofeita, de importancia entre o século X e o século XIII.

O mosteiro de San Salvador de Lérez, situado nun outeiro sobre o río Lérez, aparece documentado desde finais do século IX. Nel aloxáronse e viviron persoeiros como o Pai Xerónimo Feijoo ou o pai Martín Sarmiento. Trala desamortización de Mendizábal, os monxes víronse obrigados a abandonar o mosteiro, converténdose o templo na igrexa parroquial. Actualmente consérvase o claustro monacal, adxunto á igrexa.

FestasEditar

O 11 de xullo, día de San Bieito, celébrase a romaría de San Benitiño de Lérez, onde os fieis van curar as espullas e a pedir saúde ao "santo máis milagreiro".

DeporteEditar

O C.D. Lérez, nacido na década de 1951-60, é filial do Pontevedra C.F.

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar