Castelo de Cedofeita
construción militar en Lérez, Pontevedra
O castelo de Cedofeita foi un castelo medieval situado na parroquia de Lérez, no concello de Pontevedra.
Castelo de Cedofeita | |
---|---|
Concello | Pontevedra |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade autónoma | Galicia |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | medieval (século X) |
Estado actual | ruínas |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A construción orixinal consistía nunha atalaia defensiva na pendente dun outeiro, dominando a ría de Pontevedra, na contorna da ruta Tui-Santiago. Probablemente este castelo estivese construído sobre as estruturas dunha construción castrexa anterior.[1]
Historia
editarTense constancia por vez primeira do castelo de Cedofeita no ano 916, nunha doazón do rei Ordoño II e a raíña Elvira ao abade Guntado do mosteiro de Lérez[1]. Nesa doazón, referíase ao castelo co nome de Citofacta, tal e como se mencionaba nunha das súas inscricións:
In primis ponimus Cautum per Portum de Elva, et inde per terminos de Guigílde, et inde ad Petram scriptam quae est in muro de Citofacta…[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2
- Castelo de Cedofeita na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- González Paz, C. A. (2007): Catro exemplos de fortificacións altomedievais galegas do seculo X: Castellum de Aranga, Castellum Minei, Castellum Berreti e castellum de Citofacta. Xunta de Galicia. http://hdl.handle.net/10261/23122