Patrimonio Galego
Patrimonio Galego é un catálogo social do patrimonio cultural galego en Internet. Comezou a elaborarse no ano 2011.[1] En 2018 acadaron os dez mil elementos catalogados.
Patrimonio Galego | |
---|---|
O catálogo social do patrimonio | |
Tipo | asociación cultural |
Propósito | Conservación e restauración |
Data de fundación | 2011 |
Fundador(es) | Manuel Gago Mariño |
País | España |
Na rede | |
https://www.patrimoniogalego.net | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarO proxecto está baseado en persoas colaboradoras voluntarias de toda Galiza que visitan lugares e elementos patrimoniais de interese, os catalogan, describen e soben á páxina descricións deles xunto con imaxes. O proxecto está supervisado por colaboradores que deben validar as achegas para ser engadidas. Os elementos catalogados están xeorreferenciados e con imaxes. Pode ser consultado libremente facendo buscas polo miúdo. Hai que estar rexistrado na páxina e ter unha conta de usuario para facer achegas aínda que cada elemento catalogado ten ficha propia e pódense achegar comentarios.
É un proxecto desenvolvido por Manuel Gago, Elisa Amigo, Adela Oyonarte, Carmela Sánchez Arines, Pancho Gallego, Elixio Vieites, Álex Bragaña, Soledad Felloza, Eladio Rial, Xurxo Salgado e Félix Aragunde.
Notas
editar- ↑ "Patrimoniogalego.net supera os dez mil elementos catalogados". Consultado o 12 de abril de 2018.