Abrir o menú principal

Bora, Pontevedra

parroquia do concello de Pontevedra

Coordenadas: 42°26′14″N 08°35′28″O / 42.43722, -8.59111

Santa Mariña de Bora é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 814 habitantes (411 mulleres e 403 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución do 6,65 % en relación ao ano 2000 cando tiña 872 habitantes.

Santa Mariña de Bora
Ibora.jpg
igrexa parroquial
ConcelloPontevedra
Poboación729 hab. (2017)
Entidades de poboación17

A festa patronal, santa Mariña, celébrase os días 22 e 23 de xullo.

Índice

XeografíaEditar

Limita ao norte coa parroquias de Santo André de Xeve (a través do río Lérez), ao sur con Marcón, ao leste con Tenorio e Almofrei (do concello de Cerdedo-Cotobade, a través do río Almofrei) e ao oeste con Mourente. Está atravesada pola estrada N-541.

HistoriaEditar

Sobre os ríos hai dúas pontes antigas. Nunha delas librouse en 1809 unha decisiva batalla na Guerra da Independencia Española contra as tropas francesas do xeneral Ney.

No seu momento pertenceu ao concello de Mourente.

PatrimonioEditar

 
Baldaquino de Bora, con Santiago (á esquerda) e San Pedro (á dereita)
 
Peto de ánimas dos Gardas Civís de Ponte Bora.

Da igrexa parroquial consérvanse un fragmento dun antigo baldaquino representando a Santiago e San Pedro, hoxe exposto no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

Na parroquia hai tres petos de ánimas[1]:

O peto de ánimas dos Gardas Civís de Ponte Bora está no lugar do Pío, na parede dunha vivenda particular diante da estrada N-541. É de caste pechada e consta de dúas partes: a superior ten dous gardas civís facendo garda con escopeta e baioneta ante unha custodia, e inclúe a data AÑO DE 1851 rodeada do texto FUE DEBOCION D. DIEGO CERVINO. O retablo das ánimas, que aparece no libro de Castelao As cruces de pedra na Galiza, é de pedra policromada, pero coas cores xa esvaídas. Ten a pomba do Espírito Santo sobre a cabeza de Cristo crucificado xunto a dúas Virxes. Baixo deles hai tres ánimas: un bispo con mitra no centro, un cura con bonete á esquerda, e unha muller á dereita. Sobre o retablo aparece o texto HERMS. DEBOTOS DE LAS BENDITAS ANIMAS DEL PURGTO.

O peto de ánimas do Camiño Vello do Río está preto da ponte que cruza o Almofrei cara a Xeve, na parede dunha casa abandonada. É aberto cun pequeno tellado de pedra. O retablo é de pedra policromada cun Cristo na cruz entre dúas Virxes, con tres ánimas baixo eles: un cura con bonete no centro, un home á esquerda e unha muller á dereita.

O peto de ánimas de Tombo é de caste pechada cunha reixa metálica, encaixado na faciana dunha casa vellas. Ten retablo de madeira, en mal estado de conservación.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Fernández de la Cigoña Núñez, E.: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ir Indo, 1998.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar