Abrir o menú principal

Coordenadas: 42°28′47″N 08°37′11″O / 42.47972, -8.61972

San Martiño de Verducido é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 913 habitantes (434 homes e 479 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes. Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve.[Cómpre referencia] Pertence ó arciprestado de Redondela-Oitavén, na diocese de Tui-Vigo.

Verducido
VerducidoP.jpg
igrexa parroquial
ConcelloPontevedra
Área9,82 km²
Poboación913 hab. (2017)
Densidade92,97 hab./km²
Entidades de poboación7

Índice

SituaciónEditar

Ocupa un terreo montañoso, accidentado polos outeiros das Pasadellas, das Pedreiras e do Campo de Bois e no que destaca o monte Acival, que supera os 600 metros de altitude. Ten paisaxes naturais que nos levan á evasión como as que se poden contemplar nos arredores do encoro do Pontillón do Castro, reserva de auga da cidade de Pontevedra e refuxio de aves que conta na súa proximidade cunha gran zona de lecer.[1]

No cumio dun monte próximo sitúase un miradoiro cunha escultura en pedra dedicada aos canteiros. Desde aquí, ademais dunha canteira de granito moi próxima, pódese divisar o contorno da cidade de Pontevedra.

A igrexa parroquial foi totalmente reedificada durante o século XVIII e que inclúe no seu conxunto unha peza abovedada anterior que se cre podería ter sido unha antiga sancristía.

A festa patronal é o día 12 de novembro (san Martiño), pero tamén se celebran san Breixo, santa Bárbara e o Corpus Christi.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar