Cerdedo-Cotobade

concello da provincia de Pontevedra

Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.[1]

Modelo:Xeografía políticaCerdedo-Cotobade
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°28′19″N 8°28′55″O / 42.4719444, -8.4819444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalA Chan Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.705 (2024) Editar o valor en Wikidata (26,59 hab./km²)
Lingua oficiallingua galega (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie214,52 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación22 de setembro de 2016 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoJorge Cubela López (2016–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Cerdedo-Cotobade Editar o valor en Wikidata
Código INE36902 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcerdedo-cotobade.gal Editar o valor en Wikidata

Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018)[2] e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.[3]

Xeografía

editar

Demografía

editar

Para os históricos de poboación anteriores a 2015 véxanse as páxinas do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade.

Evolución da poboación
Censo total 5.815 (2015)
Menores de 16 anos 536 (9.22 %)
Entre 16 e 64 anos 3.301 (56.77 %)
Maiores de 65 anos 1.978 (34.01 %)

Historia

editar

Fusión Cerdedo-Cotobade

editar

A principios de 2016 iniciouse un proceso de fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.[4] O 7 de xullo do mesmo ano os dous concellos desestimaron as alegacións sobre a fusión completando os trámites municipais.[5] A pesar dos rexeitamentos,[6][7][8][9] a fusión fíxose oficial o 18 de outubro de 2016.[10]

Votación da fusión

editar

Cerdedo

editar
VOTOS    
SI 6 0
NON 0 2
AUSENTE 1 0

Cotobade

editar
VOTOS    
SI 7 0
NON 0 4

Cultura

editar
 
Claustro do mosteiro de Tenorio.
 
Petróglifos de Portela da Laxe

Toponimia

editar

O topónimo procede da combinación dos do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.

Cerdedo

editar

Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial: podería proceder tanto de quercetum, debido á presenza de carballos da zona, como de cer(e)setum, neste caso de cerdeiras[11].

Cotobade

editar

En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento. O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225). Cotobade débese descompoñer en coto, palabra galaica de orixe prerromana *Cotto (…) e un nome persoal en xenitivo Bade, o cal se repite illado na toponimia galega e parece que non é aférese de abbas -atis, "abade", senón o antropónimo Vatis (Ares 2001:74). [12]

Patrimonio

editar

Patrimonio arqueolóxico[13]

editar

Patrimonio arquitectónico[14][15]

editar

Etnografía

editar

Festas e celebracións

editar

Política e goberno

editar

Até as eleccións municipais de 2019, o concello está rexido por unha comisión xestora de 20 membros. O presidente da xestora é o anterior alcalde de Cotobade, Jorge Cubela e o vicepresidente o de Cerdedo, José Balseiros.[18]

Eleccións municipais Cerdedo-Cotobade de 2019

editar
Partidos políticos Escanos Votos Escanos repartidos
PPdeG 9 2.533
9 / 13
PSdeG-PSOE 3 968
3 / 13
BNG 1 337
1 / 13

Galería de imaxes

editar

Parroquias

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Lugares de Cerdedo-Cotobade

editar
  1. DECRETO 134/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba a fusión voluntaria dos municipios de Cerdedo e Cotobade e se constitúe o municipio de Cerdedo-Cotobade., DOG nº 197, de 17 de outubro de 2016.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 23 de abril de 2021. 
  3. Piñeiro, Á. (18 de outubro de 2016). "A Xunta oficializa a fusión de Cerdedo-Cotobade e a Galicia dos 313 concellos". Diario de Pontevedra. Consultado o 18 de outubro de 2016. 
  4. Cerdedo-Cotobade recibirá 1,6 millones de la Xunta si culminan la fusión antes del 30 de octubre
  5. Cerdedo y Cotobade completan el último trámite municipal para su fusión al aprobar en pleno el dictamen de alegaciones
  6. Rechazo frontal de la Diputación a la fusión de Cotobade y Cerdedo
  7. ¿Deben fusionarse Cotobade y Cerdedo?
  8. Em maos incompetentes: sobre a fusom Cerdedo-Cotobade
  9. Palestra sobre o projeto de fusom Cerdedo-Cotobade
  10. La Xunta oficializa la fusión de Cerdedo-Cotobade y la Galicia de los 313 concellos
  11. Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 208. ISBN 84-95892-53-7. 
  12. Gonzalo Navaza: "Cotobade. Nin couto nin abade" Arquivado 10 de maio de 2019 en Wayback Machine. Portal das Palabras, RAG.
  13. Sitios arqueolóxicos en Cotobade.
  14. Patrimonio relixioso de Cotobade
  15. Patrimonio civil de Cotobade
  16. La Festa da Vincha de Cerdedo celebra sus 10 años de historia con una concurrida edición
  17. 6ª Festa do Xabarín
  18. "Cerdedo-Cotobade xa ten xestora para pilotar o rumbo do municipio ata 2019". El Progreso. 20 de outubro de 2016. Consultado o 15 de novembro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.