Portela da Laxe
A Portela da Laxe é unha estación de gravados rupestres conformada por seis grupos. Catro deles foron destruídos no último cuarto do século XX como consecuencia das obras de ampliación da estrada N-541 que une Pontevedra e Ourense.
Portela da Laxe | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | petróglifo e monumento ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Cerdedo-Cotobade | |||
Parroquia | Viascón | |||
Lugar | A Atalaia ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 20 de decembro de 1974 | |||
Identificador | RI-51-0004035 | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Sitúase no lugar da Atalaia, parroquia de Viascón, Cerdedo-Cotobade. Son coñecidas desde antigo e xa foron recollidas no Corpus Petroglyphorum Gallaeciae de Ramón Sobrino Buhígas no ano 1935.
Descrición
editarSalienta a laxe horizontal (Grupo I, un penedo situado a rentes do chan e que se prolonga en dirección noroeste - sueste. Presenta motivos de moi diversa tipoloxía: combinacións circulares, círculos sinxelos, coviñas, cadrados, esvásticas, soliformes, paletas etc. O Grupo II componse dunha combinación circular. Os outros catro grupos desaparecidos presentaban diversas combinacións circulares, círculos simples, coviñas e figuras cruciformes.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- García Alén, Alfredo; de la Peña Santos, Antonio (1980). Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra. Catalogación Arqueológica y artística de Galicia del Museo de Pontevedra. Fundación Pedro Barrié de la Maza. pp. 55–57. ISBN 84-85728-04-1.
- Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9.