N-541

estrada nacional que vai desde Ourense ata Pontevedra

A N-541 é unha estrada nacional que vai desde Ourense ata Pontevedra. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-541
Estrada Ourense - Pontevedra
Fito quilométrico na estrada N-541 ó seu paso pola vila de Cerdedo
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude93 km
Localización
InicioOurense
FinPontevedra

Traxecto editar

Desde Ourense até Barbantes (Punxín) o seu percorrido coincide co da estrada N-120, que prosegue cara a Vigo. Logo de atravesar as vilas de Maside e O Carballiño, o concello de Boborás e o límite deste co do Irixo, coroa o alto do Paraño (800 m) para entrar en Beariz, e despois chega á provincia de Pontevedra. Pasa pola vila de Soutelo de Montes (Forcarei), e conecta coa estrada PO-534 que vén desde Lalín.

Desde Folgoso o seu percorrido é paralelo ao río Lérez. Logo de atravesar Cerdedo cruza a parroquia de Pedre. Na década de 1970 fíxose unha variante para evitar atravesar as aldeas de Vichocuntín e Pedre, así como a Ponte do Barco (onde o 13 de agosto de 1936 foron fusilados Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias) e Dorna xa na parroquia de Sacos.

Atravesa o Concello de Cotobade por San Xurxo de Sacos, Viascón e Tenorio, onde tamén se levou a cabo unha variante. Despois chega á parroquia de Bora, e logo de cruzarse coas estradas PO-224 (Bora-Xeve), PO-233 (Bora-A Chan) e PO-542 (Bora-O Marco), cruza o río Almofrei preto da súa desembocadura. Despois de cruzar a parroquia de Mourente a vía remata na Avenida de Lugo, converténdose na rúa do Doutor Loureiro Crespo, de titularidade municipal. Até mediados do século XIX a entrada na vila desde o leste facíase por Santa Margarida, A Seca e o convento de Santa Clara, pero desde entón a estrada prolongouse até a rúa do Progreso (actual Rúa Benito Corbal) para enlazar na praza da Peregrina coa estrada a Vigo e Compostela.

No último cuarto do século XX, como consecuencia das obras de ampliación desta estrada, destruíronse catro grupos dos seis que compuñan a estación de gravados rupestres da Portela da Laxe, en Viascón (Cerdedo-Cotobade).

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar