Vichocuntín, Pedre, Cerdedo-Cotobade
Vichocuntín é un lugar da parroquia de Pedre no concello de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE[1] en 2015 tiña cinco habitantes (dous homes e tres mulleres), seis menos ca en 2012.
Vichocuntín | |
---|---|
Sinais no tramo abandonado da estrada N-541. | |
Parroquia | Pedre |
Concello | Cerdedo-Cotobade |
Coordenadas | 42°31′59″N 8°25′11″O / 42.533055555556, -8.4197222222222 |
Poboación | 5 hab. (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarVichocuntín é un antropotopónimo, derivado do nome do seu posesor medieval: (vila) Visclacuntini, "o eido de Visclacuntino", de etimoloxía xermánica [2].
Historia e patrimonio
editarO trazado da estada entre Ourense e Pontevedra propiciou a construción dunha ponte sobre o río Lérez en 1852. A ponte está composta por un arco rebaixado duns 35 m de longo e 25 de alto, con varandas de pedra concertada e lucida, obra dos canteiros da terra. Na segunda metade do século XX modificouse o trazado da estrada N-541, polo que a aldea vella foi abandonada de forma paulatina, e os seus moradores reinstaláronse ao pé da nova estrada[3].
Hai un peto de ánimas cun cruceiro.
Galería de imaxes
editar-
Hórreo con publicidade de baños de algas en Cambados.
-
Peto de ánimas e cruceiro.
Lugares e parroquias
editarLugares de Pedre
editarLugares da parroquia de Pedre no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
Pedre | Serrapio | Vichocuntín |
Parroquias de Cerdedo-Cotobade
editarNotas
editar- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 28 de abril de 2021.
- ↑ Solla Varela, C. (3 de agosto de 2013). "Vichocuntín, un novo reclamo en Cerdedo". Faro de Vigo.
- ↑ "Aldea vella de Vichocuntín". Galicia Máxica.