Sacos, Cerdedo-Cotobade
Santa María de Sacos é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE[2], en 2015 tiña 244 habitantes (111 homes e 133 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ó 2005, cando tiña 281 habitantes.
Santa María de Sacos | |
---|---|
![]() | |
Concello | Cerdedo-Cotobade[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°30′36″N 8°28′24″O / 42.51009261, -8.47347055Coordenadas: 42°30′36″N 8°28′24″O / 42.51009261, -8.47347055 |
Área | 12,5 km² |
Poboación | 219 hab. (2019) |
Densidade | 17,52 hab./km² |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía editar
A parroquia sitúase na beira sur do val do río Lérez, á altura do seu curso medio. Pola parroquia discorre a estrada N-541 Ourense-Pontevedra.
Patrimonio editar
A súa igrexa parroquial é un templo dunha soa nave cunha ábsida rectangular, que conserva elementos do románico tardío ou protogótico. Os perpiaños moi irregulares distribúense en fiadas dando como resultado, pola contra, uns paramentos ben rematados. Segundo Bango Torviso o estilo do beiril da ábsida, principalmente, indica un estilo de orixe ourensán, da zona de Oseira ou Terra do Carballiño, de finais do último terzo do século XII.
Hai dúas capelas no Cádavo e en Dorna, e no leste da parroquia consérvanse os restos da capela de San Lourenzo, restaurados en 2010. Amais, hai dous petróglifos, unha mámoa e dous cruceiros.
Historia editar
A carón da Ponte do Barco, nunha gabia da estrada de Ourense a Pontevedra, foron paseados e asasinados o 13 de agosto de 1936 Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias, traballadores de Figueiroa e militantes da CNT.
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Sacos, Cerdedo-Cotobade.
-
Casa do Pobo.
-
Canzorros da fachada meridional da igrexa parroquial.
-
Esculturas do muro piñón da igrexa.
-
Restos da capela de San Lourenzo.
-
Placa en recordo dos asasinados na Ponte do Barco.
Lugares e parroquias editar
Lugares de Santa María de Sacos editar
Lugares da parroquia de Sacos no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
O Cádavo | Dorna | As Eiras | Vila de Abaixo | Vila de Arriba |
Parroquias de Cerdedo-Cotobade editar
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Barros Gómez, N. (2019). Santa María de Sacos. Cerdedo - Cotobade. Relatos históricos da miña aldea. Concello de Cerdedo-Cotobade.