Parada, Cerdedo-Cotobade

parroquia civil do concello de Cerdedo-Cotobade

San Pedro de Parada é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2012 tiña 56 habitantes (28 mulleres e 28 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 96 habitantes.

Parada
Igrexa de San Pedro de Parada, Cerdedo.JPG
Igrexa de San Pedro de Parada.
ConcelloCerdedo-Cotobade[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°33′09″N 8°21′38″O / 42.5524306, -8.3604915Coordenadas: 42°33′09″N 8°21′38″O / 42.5524306, -8.3604915
Poboación30[2] hab. (2019)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

PatrimonioEditar

Hai un castro no que se levanta a capela do Pego, e petróglifos nos montes de Parada. Na estrada que vai de Chacente (Campo Lameiro) a Parada pouco antes de chegar ó quilómetro 9 a uns 40 metros da beira esquerda sobre unha laxa de granito de grao fino situada a nivel do chan e cunha lixeira inclinación, obsérvanse bastantes figuras de cérvidos, xunto con combinacións circulares e figuras de varios tipos.

A ponte de Parada, no río Lérez, consérvase en bo estado[3]. Á beira do río Lérez, por baixo da ponte do Pego existe un manancial de augas termais.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de ParadaEditar

Lugares da parroquia de Parada no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Framil | Insua | Mouteira | Parada

Parroquias de Cerdedo-CotobadeEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Notas

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.
  3. Ponte de Parada na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar