Folgoso, Cerdedo-Cotobade
Santa María de Folgoso é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2012 tiña 145 habitantes (77 mulleres e 68 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 194 habitantes.
Folgoso | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Folgoso. | |
Concello | Cerdedo-Cotobade[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°32′43″N 8°21′34″O / 42.54536351, -8.35932144Coordenadas: 42°32′43″N 8°21′34″O / 42.54536351, -8.35932144 |
Poboación | 112[2] hab. (2019) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio editar
Hai dous grandes penedos na beira do río Lérez que rodaron dende o alto e que teñen inscricións rupestres. Hai un castro de tempos protohistóricos no lugar de Vilariño.
A igrexa de Santa María de Folgoso levántase sobre un primitivo templo románico fundado por Carboeiro. Tamén hai dous cruceiros, un no campo das procesións, tallado polo mestre José Benito de Castro, e outro situado na banda esquerda da estrada xeral de Pontevedra a Ourense coa imaxe de Santo Antón.
O portón da casa dos Taboada ten unha figura de Santa Bárbara e dous Gardas civís, obra dos Ramos, de Pontevedra.
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Folgoso, Cerdedo.
-
Cruceiro en Cachofés.
-
Cruceiro en Folgoso.
Lugares e parroquias editar
Lugares de Folgoso editar
Lugares da parroquia de Folgoso no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
Parroquias de Cerdedo-Cotobade editar
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.