Abrir o menú principal

Tenorio, Cerdedo-Cotobade

parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade

Coordenadas: 42°28′00″N 8°33′33″O / 42.4666114, -8.5591517

Tenorio
Tenorio.jpg
ConcelloCerdedo-Cotobade
Área13,1 km²
Poboación1168 hab. (2015)
Densidade89,16 hab./km²
Entidades de poboación15
Entrada na aldea de Cachadiñas desde un tramo vello da estrada N-541.

San Pedro de Tenorio é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. É a parroquia con maior poboación do concello. Segundo o IGE[1] en 2015 tiña 1168 habitantes (579 homes e 589 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento de 13 persoas en comparación co ano 2006.

Limita ao norte con Fragas (Campo Lameiro) e Viascón, ao sur con Almofrei e Borela, ao leste con Viascón, Rebordelo e Borela, e ao oeste con Xeve e Bora. Está atravesada polo río Tenorio, afluente do río Lérez, que serve de fronteira co concello de Pontevedra.

Pola parroquia discorre a estrada N-541.

PatrimonioEditar

No lugar de Parada está o Coto das Rodelas, os restos dun poboado castrexo da idade de ferro.

Na parroquia está o mosteiro de San Pedro de Tenorio, e preto del atopábase o castelo de Tenorio, derrubado na Gran Guerra Irmandiña. Neste castelo naceu o nobre medieval Alonso Jofre Tenorio, fillo de Diego Alonso Tenorio, que participou xunto ao rei Afonso X o Sabio en varias campañas militares.

Represión en TenorioEditar

Tralo Alzamento Nacional de xullo de 1936, leváronse a cabo varias accións represivas na parroquia, ben contra habitantes da mesma, ben contra persoas doutros lugares. O 9 de novembro dese ano foron asasinados 6 dirixentes das sociedades obreiras de Lalín: Luís Frade Pazos, José López Bermúdez, Ramiro Granja González, Luís Varela Sobrado, José Montouto Rodríguez e Eliseo Garra Lalín;[2] catro republicanos de Arbo, Alfonso Alonso Portugués, Juan Alonso Pérez, José Gómez Sampayo e Telmo Rodríguez Alonso; e Antonio Picallo Buela, da Estrada.

CulturaEditar

A Unión Musical de Tenorio ten a súa orixe na Banda de Música Xuvenil 85, formada en 1985 por José Bugallo Diz. Logo de desavenzas a Banda dividiuse, nacendo a Banda de Música Lírica de Tenorio. As dúas agrupacións reunificáronse en 1999, contando actualmente con máis de 40 membros de entre 10 e 35 anos. En 2002 acadou o 3º posto no II certame de bandas da Deputación de Pontevedra.

Once dos membros da Unión Musical forman parte ao tempo da charanga Charandonga de Tenorio, formada en 2007 e cun repertorio máis festivo e actual.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar