Telmo Rodríguez Alonso
político galego
Telmo Rodríguez Alonso, nado en Barcela (Arbo) en 1880 e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1880 ![]() Barcela, España ![]() |
Morte | 9 de novembro de 1936 ![]() Tenorio, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarEmigrado en Cuba, foi directivo da sociedade Hijos del Distrito de Arbo.[1] Na República regresou a Arbo. Militante de Izquierda Republicana, foi nomeado concelleiro de Arbo en febreiro de 1936. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outras dez persoas de Arbo e Lalín, para asasinalo na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).[2]
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 3/3/1927, p. 13.
- ↑ Palleiro, Verónica (17/12/2016). "Seis asesinados en el 36 salen del olvido". Faro de Vigo (en castelán).