Luís Varela Sobrado

canteiro e sindicalista galego

Luís Varela Sobrado, nado en Palmou (Lalín) en 1907 e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un canteiro e sindicalista galego.

Infotaula de personaLuís Varela Sobrado
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
Palmou, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (28/29 anos)
Tenorio, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncanteiro , sindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Co inicio das obras do ferrocarril Ourense-Santiago, trasládase a Botos. Afíliouse á Sociedade obreira La Equidad converténdose no seu presidente. Foi detido en novembro de 1934 xunto con José González, acusado de coacción aos obreiros do ferrocarril con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934. Ao producirso o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 acudiu a Lalín o día 19. Participou na reunión con Manuel Ferreiro do día seguinte. Foi detido o 1 de setembro e internado no Cuartelillo de Falange. Alí foi torturado, obrigado a asinar unha declaración inculpatoria e a entregar os libros da Sociedade, que serviron aos falanxistas para practicar novas detencións. Foi trasladado o 4 de novembro á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outros dez de Lalín e Arbo, para asasinalos na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).

Vida persoal editar

Casou con Leonisa González en 1932. Tivo dous fillos: Germán Varela González e Elena Varela González.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar