Manuel Ferreiro Panadeiro

político republicano galego

Manuel Ferreiro Panadeiro, nado en Ludeiro (Soutolongo, Lalín) o 24 de xuño de 1903 e finado en Pontevedra o 27 de agosto de 1936, foi un político republicano galego.

Manuel Ferreiro Panadeiro
Manuel Ferreiro Panadeiro.jpg
Nacemento24 de xuño de 1903
Lugar de nacementoLudeiro
Falecemento27 de agosto de 1936
Lugar de falecementoPontevedra
SoterradoSoutolongo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou no seminario de Lugo e con 20 anos trasladouse a Madrid, onde obtivo o título de Bacharelato universitario e comezou a carreira de Dereito. En Madrid entrou en contacto co movemento democrático e participou na oposición á ditadura de Primo de Rivera.

En 1930 retornou a Lalín e creou, xunto con outros mozos como Marcelino García, o Centro Republicano de Lalín e o periódico Atrás. Coa proclamación da Segunda República converteuse no primeiro alcalde lalinense elixido democraticamente. Foi tamén nomeado deputado provincial. A súa principal contribución como alcalde centrouse na educación (exemplo disto é a concesión dunha bolsa de estudos a Laxeiro). Logo da vitoria das dereitas nas eleccións de novembro de 1933, o gobernador civil Víctor Manuel Becerra Herráiz ordenou varias inspección ao concello para destituílo. Como mostra de desagravio, un grupo de amigos e colaboradores organizou unha homenaxe popular o 11 de febreiro de 1934.[1] Finalmente foi cesado polo gobernador civil Diego Fernández Gómez o 8 de agosto de 1934. Co triunfo do Frente Popular foi reposto como alcalde o 21 de febreiro de 1936. Un enfrontamento entre os concelleiros republicanos fixo que fose cesado polo Gobernador civil en abril. A nova Comisión xestora nomeouno secretario do concello.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse en Santiago de Compostela, pero foi localizado e detido a principios de agosto. Xulgado en consello de guerra o 21 de agosto, foi condenado á pena de morte. Foi executado na estrada de Campañó o 27 de agosto.

 
Camposanto de Soutolongo


Predecesor:
Bernardo Madriñán González
  
Alcalde de Lalín
 
1931 - 1934
Sucesor:
Ricardo López Varela
Predecesor:
Domingo Palmaz Brandido
  
Alcalde de Lalín
 
1936
Sucesor:
Xesús Golmar Rodríguez

NotasEditar

  1. Igrexas, Manuel: "Homenaxe ao Alcalde Ferreiro" Arquivado 06 de outubro de 2014 en Wayback Machine. (26/8/2012) en Historias de Deza.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar