Antonio Taboada Roca

farmacéutico e historiador galego

Antonio Taboada Roca, nado en Melide o 6 de febreiro de 1899 e finado en Madrid o 10 de maio de 1978, foi un farmacéutico e historiador galego.

Antonio Taboada Roca
Nacemento6 de febreiro de 1899
Lugar de nacementoMelide
Falecemento10 de maio de 1978
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
IrmánsManuel Taboada Roca
Antón Taboada Roca.JPG
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1919), realizou investigacións históricas e heráldicas. En 1926 ingresou no Seminario de Estudos Galegos onde promoveu Terra de Melide (1933). Colaborou en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Nós, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudos Galegos e Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Lugo. Foi cronista da vila de Melide, académico correspondente da Real Academia Galega e membro de asociacións de estudos xenealóxicos e heráldicos.

ObrasEditar

  • Cotos e xurisdicións de Galicia: pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante, 1929.
  • Don Juan Vázquez de Mella y Galicia, 1963.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar