Consello de guerra

Consello de guerra é un procedemento xudicial militar de carácter sumario ou sumarísimo no cal dilucídase de forma rápida a comisión dun delito tipificado no Código de Xustiza Militar que, pola situación de guerra ou outra análoga (estado de excepción, estado de sitio ou estado de alarma), non permite esperar á xustiza militar ordinaria.

Membros da Comuna de París ante o consello de guerra que os xulgou (1871)

Está presidido por un Xeneral e fórmano en total tres ou cinco militares de alta gradación, coa asistencia ocasional dun xurista. En situacións de guerra constátanse os feitos dos que se acusa, permítese unha defensa sucinta do acusado e a pena imponse e execútase de xeito inmediato. Carece, de forma xeral, das garantías constitucionais propias do Estado de dereito.