Manuel Igrexas
Manuel Igrexas Rodríguez, nado en Lalín o 21 de decembro de 1961, é un historiador e escritor galego.
Manuel Igrexas | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de decembro de 1961 |
Lugar de nacemento | Lalín |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Valencia e Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | historiador, profesor de ensino secundario e wikimedista |
Cónxuxe | Chus Pato |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Filosofía pola Universidade Literaria de Valencia, pasou polos institutos do Porriño, Bande, Chantada, Ponteceso, Muros, o Aller Ulloa de Lalín, O Carballiño, Silleda e finalmente o IES Laxeiro de Lalín no que se xubilou ao remate de 2021.
PublicaciónsEditar
Ten feito publicacións sobre a historia local en xornais e libros coma Os emigrantes e a transformación social na comarca de Deza, tamén en Nós Diario.[1]
Participou con comunicacións nos Congresos:
- O exilio galego. Santiago de Compostela, 2001.
- I Congreso da Memoria A represión franquista en Galicia. Narón, 2003.
É autor (con Mario Pereira) dunha edición crítica do libro de contos O Naranxo de Ramón de Valenzuela. Escribiu unha biografía do mestre Xesús Golmar (Xesús Golmar, Ed. Fervenza, 2005).
Outras actividadesEditar
Pertenceu á directiva das Redes Escarlata. É socio fundador e vicepresidente da Asociación Cultural O Naranxo, así como membro da Comisión pola Memoria Histórica Siñor Afranio.
Encabezou a candidatura da Coordinadora Alternativa de Lalín nas eleccións municipais de 1987 e foi elixido concelleiro[2]. Posteriormente integrouse no BNG. Pasou despois a militar na FPG e nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005 foi candidato desta formación na cuarta posición pola provincia de Pontevedra.
No 2015 foi elixido terceiro candidato da Plataforma Aberta Cidadá de Lalín ás Eleccións municipais de 2015 en Galicia.
NotasEditar
- ↑ "manuel-igrexas-rodríguez - Nós Diario - Xornal de intereses galegos". Nós Diario. Arquivado dende o orixinal o 11/12/2021. Consultado o 1/1/2022.
- ↑ González Alén, Daniel (2004). Seminario de Estudios de Deza, ed. 25 anos de corporacións democráticas no Concello de Lalín (1979-2004). Lalín. ISBN 84-609-3810-7.