Chus Pato

poeta galega

María Xesús Pato Díaz, coñecida como Chus Pato, nada en Ourense o 29 de agosto de 1955,[1] é unha poeta en lingua galega e académica de número da Real Academia Galega.

Infotaula de personaChus Pato

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritora Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeManuel Igrexas
Anselmo López Carreira Editar o valor em Wikidata
FillosSabela López Pato
 () Anselmo López Carreira
Catuxa López Pato
 () Anselmo López Carreira Editar o valor em Wikidata
IrmánsClaudio Pato Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: 100054941414424 Twitter: chuspatodiaz Instagram: chus_pato_ Dialnet: 1169885 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa familia paterna é de Viñoás (Nogueira de Ramuín) e a materna de Trasmiras (comarca da Limia). Estudou no colexio de Santo Domingo, da orde de Vicente de Paúl, o bacharelato no colexio das Carmelitas e o COU no Instituto de Ourense, actual IES Otero Pedrayo. Desde 1973 estudou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Xeografía e Historia. Fixo traballos de investigación na súa especialidade como O movimento obreiro na provincia de Ourense.

Exerceu como profesora de ensino secundario de Xeografía e Historia desde 1989, en Bande, Muros (1991-1995) e desde entón en Lalín, no IES Ramón María Aller e despois no IES Laxeiro, onde se xubilou en 2020.

En 1973 foi unha das fundadoras de ERGA, e até finais da década de 1970 militou na Unión do Povo Galego. Foi cabeza de lista da Frente Popular Galega pola provincia de Ourense en varias ocasións.

Pertence a varias agrupacións de índole literaria, como o PEN Clube ou as Redes Escarlata, e foi membro da AELG. Desde a súa constitución en 2015, é vogal do padroado da Fundación Euseino?, pertence á directiva dos padroados da Fundación Rosalía de Castro e da Fundación Uxío Novoneyra. Foi elixida académica de número da Real Academia Galega no pleno do 5 de novembro de 2016.[2] Leu o seu discurso de ingreso na RAG o 23 de setembro de 2017 no IES Otero Pedrayo de Ourense, co título de Baixo o límite, con resposta de Francisco Fernández Rei.[1]

En 2015 a súa voz pasou a facer parte das gravacións do Woodberry Poetry Room da Universidade Harvard, onde se recollen as palabras de figuras das letras universais como Elizabeth Bishop e W. H. Auden.[3][4][5]

Obra literaria editar

Os primeiros poemas publicados de Chus Pato apareceron na revista Escrita (1984)[6] e, dende entón, á parte de nos seus libros, nunca deixou de colaborar en múltiples publicacións: Luzes de Galiza, Festa da Palabra Silenciada, Andaina, Gume, Ólisbos, Revista das Letras, Dorna, Clave Orión, A Trabe de Ouro etc.; en libros colectivos: Palabra de muller, Sete poetas ourensáns, Poesía dos aléns; no ano 1992, con outras sete mulleres, publica en Edicións do Dragón a carpeta poética 8 e medio, así mesmo participa na homenaxe a Rosalía de Castro no cincuentenario da fundación do padroado Rosalía, co gallo do cal se edita un CD cos poemas recitados, con música de Rodrigo Romaní, e un libro que recolle os textos e fotografías de María Esteirán (1997); participa habitualmente en recitais, mesas redondas, performances e conferencias.

 
Chus Pato no Festival de poesía de Antuerpen en 2012.

Características da súa obra editar

A súa poesía está considerada como unha das máis modernas e persoais da literatura actual. Caracterízase por fuxir de coordenadas xeracionais e lazos compartidos con outros escritores galegos. A súa obra consolidou desde a década dos oitenta unha linguaxe propia, referencias temáticas e estilísticas inconfundibles e un compromiso político da palabra que vai máis alá da obviedade dos versos. Poesía complexa, nutrida de moitas imaxes, escenarios e pegadas intelectuais e un modelo literario afastado de convencionalismos e implicado na busca constante de novos camiños para a expresión artística.[7] A transgresión na súa poesía[8] supera a convención formal. A súa poética, marcada por un posicionamento crítico co seu tempo, expandiu o horizonte da poesía galega e colocouna na vangarda do pensamento contemporáneo. O seu discurso do múltiple articúlase na multiplicidade de voces e formas. Cuestiona a linguaxe, a percepción, as ficcións históricas e todo o que constitúe esexese, mentres traballa entre o inexistente e o vindeiro. Construíu un ambicioso proxecto poético no que se manifesta un profundo pensamento e reflexión sobre as identidades (individual, de xénero, nacional, histórica) e a escritura.[9]

Poemarios publicados editar

Antoloxías da súa obra editar

Traducións ao inglés editar

  • from m-Talá, tradución de Erín Moure. Nomados, Vancouver, 2002.
  • Charenton, tradución de Erín Moure. Shearsman Books, Exeter & BuschekBooks, Otava, 2007.
  • m-Talá, tradución de Erín Moure. Shearsman Books, Exeter, 2009.
  • Hordes of Writing, tradución de Erín Moure. Shearsman Books, Exeter, 2011.
  • Secession / Insecession, con Erín Moure. 2014.
  • Flesh of Leviatan, tradución de Erín Moure. Omnidawn Publishing, 2016.
  • The Face of the Quartzes, tradución de Erín Moure. Veliz Books, 2021.

Traducións ao castelán editar

  • Heloísa. Madrid: La Palma, 1998.
  • Un Ganges de palabras, antoloxía bilingüe galego-español preparada por Iris Cochón. CEDMA (Colección Puerta del mar), Málaga, 2003.
  • m-Talá. Buenos Aires: Pato-en-la-cara, 2009.
  • Hordas de escritura seguido de Secesión. Madrid: Amargord, 2013.[26]
  • Carne de Leviatán. Madrid: Amargord, 2016. 90 páxs. ISBN 978-84-16762-06-4.
  • Poesía reunida. Volumen 1 (1991-1995). Ultramarinos Editorial, 2017.[27][28]
  • Poesía reunida. Volumen 2 (1996). Ultramarinos Editorial, 2019.
  • Poesía reunida. Volumen 3 (2000). Ultramarinos Editorial, 2022.[29]

Traducións ao catalán editar

Traducións ao portugués editar

  • Carne de Leviatã. Lisboa: Douda Correria, 2016.
  • Um fémur de voz corre a galope [antologia]. Porto: Officium Lectionis, 2022.[30]

Traducións ao búlgaro editar

  • Leviatan i drugi istorii, tradución de Tsvetanka Elenkova. Small Stations, 2016.

Traducións ao holandés editar

  • Finisterra, tradución de Mariolein Sabarte. Uitgeverij Perdu, 2017.

Traducións ao francés editar

  • Chair de Léviathan, tradución de Erín Moure. Alger: Apic éditions, 2024.
 
De esquerda a dereita: Anxo González Guerra, Vitoria Ogando, Chus Pato e Manuel Igrexas, a carón do monumento a Rosalía de Castro en Santiago de Compostela en 2018.

Antoloxías (selección) editar

  • A tribu das baleas de Helena González. Xerais, 2001.
  • Antoloxía consultada da poesía galega (1976-2000) de Arturo Casas. Tris Tram, 2003.
  • The EmLit Project: European Minority Literatures In Trasnslation, de Paula Burnett. Brunel University Press, 2004.
  • Iberia polyglotta de Hans-Ingo Radatz. Aina Torrent-Lenzen (Hrsg). Alex Lenzen, 2006.
  • Pótwysep w wierszach, Wydawnictwo Ksiazkowe. IBIS, Warszawa, 2006.
  • New European poets, Wayne Miller e Kevin Prufer. Graywolf Press, 2008.
  • Poeti spagnoli contemporanei de Emilio Coco. Edizioni dell´Orso, 2008.
  • 20 canadian poets take on the world. Editado e introducido por Priscila Uppal. Exile Editions, 2009.
  • To the winds our sails; Iris writers translate Galician poetry. Editoras Mary O´Donell e Manuela Palacios. Salmon Poetry, 2010.
  • I sit like a garbage god (Het feminisme in 14 gedichten). Edición e selección de Daniela Seel. BOZAR, Paleis Voor Schone Kunsten, 2014.
  • Veus paralleles 12: De Fisterra al cap de Creus. Institució de les Lletres Catalanes, 2014.
  • Punto de Ebullición. Antología de la poesía contemporánea en gallego. Edición de Miriam Reyes. Fondo de Cultura Económica, 2015.
  • ArtiCHOKE # 6, setember 10 th. Berlín, 2016.
  • Six Galician Poets. Edición de Manuela Palacios, tradución Keith Payne. Arc Publications, 2016.
  • Stimmen der erde sechs dichterrinnen aus galicien = Voces da terra, seis poetas galegas. Jenior, 2022.
  • Poetry´s Geographies. A Trasatlantic Antohology of Translations, edited by Katherine M. Hedeen & Zoë Skoulding. Shearsman Books, 2022.

En español pódense ler traducións dos seus poemas en diversas revistas como Infolios (un número monográfico), La Ortiga, La alegría de los naufragios, Texturas, Zurgai, El signo del gorrión, Veneno...

Musicacións editar

Poemas seus foron musicados por artistas como Nación Reixa ("Historias posibles/imposibles", no disco Safari Mental), Ataque Escampe ("Mira", no disco Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos), Uxía Senlle, aparecendo este último tema na curtametraxe O Prezo da dote, do leonés Chus Domínguez, curtametraxe preseleccionada para os Óscar de 2005, e Fera y las disidentes.

Obras colectivas editar

  • Escolma de poesía galega (1976-1984). Sotelo Blanco, 1984.
  • XII Festival da Poesia no Condado. S. C. D. Condado, 1992.
  • Palabra de muller. 1992.
  • Sete poetas ourensáns. 1992.
  • XIII Festival da Poesia no Condado. S. C. D. Condado, 1993.
  • Oito e médio, Edicións do Dragón, 1993.
  • Poesía dos aléns. 1993.
  • XIV Festival da Poesia no Condado. S. C. D. Condado, 1994.
  • XV Festival da Poesia no Condado. S. C. D. Condado, 1995.
  • Bis a bis, 1997.
  • Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Fundación Rosalía de Castro.
  • Alguén agarda que volva alí, 1998.
  • Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
  • Alma de beiramar. Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003.
  • Botella ao mar, 2003.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina. Fundación Araguaney, 2003.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra. Espiral Maior, 2003.
  • Xuro que nunca volverei pasar fame. Difusora, 2003.
  • X. Espazo para un signo. Xerais, 2005.
  • Poetízate. Antoloxía da poesía galega. Xerais, 2006.
  • Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero. Espiral Maior/Xunta de Galicia, 2006.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo. Difusora, 2006.
  • Reflexos. Semana da Cultura Galega em Lisboa. Portugalizando, 2007.
  • Vanakkam. Benvidas. Implicadas/os no Desenvolvemento, 2007.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000. Universidade da Coruña, 2008.
  • Abro a xanela e respiro o aire fresco da fin do mundo. 2009.
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova. Toxosoutos, 2010.
  • To The Winds Our Sails. Salmon Poetry, 2010. Tradución do galego ao inglés.
  • Cociñando ao pé da letra. Galaxia, 2011. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • Tamén navegar. Toxosoutos, 2011.
  • Six Galician Poets. Arc Publications, 2016.

Ensaio editar

  • A mímese arcaica, en Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 11, febreiro de 2016, Vigo: Euseino? Editores.[31]
  • A poem thinks itself out in final lines = Un poema pénsase con versos finais. Panemar Press, 2024.

Premios editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Pato, C. e Fernández Rei, F. (2017): Baixo o límite. Discurso lido o día 23 de setembro de 2017 no acto da súa recepción, pola ilustrísima señora dona Chus Pato e resposta do excelentísimo señor don Francisco Fernández Rei. Real Academia Galega. ISBN 9788494600586
  2. "O Pleno da RAG elixe a Chus Pato académica de número". Real Academia Galega. Consultado o 5/11/2016. 
  3. ultramarinos. "Chus Pato". Ultramarinos Editorial (en castelán). Consultado o 2019-05-31. 
  4. "Chus Pato". Jogos Florais. Consultado o 6/3/2019. 
  5. "Chus Pato leva coa súa voz poética o galego á Poetry Room de Harvard". Real Academia Galega. 19/10/2015. 
  6. "Chus Pato en escritoras.com". escritoras.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-31. 
  7. "Chus Pato, favorita para ocupar na Academia a vaga de Fernández Ferreiro". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2016. 
  8. "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-05-31. 
  9. Reyes, Miriam (2015). Punto de ebullición. Madrid: FCE. p. 19. ISBN 978-84-375-0726-2. 
  10. "Chus Pato". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-31. 
  11. "Fascinio". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-31. 
  12. "A ponte das poldras". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-31. 
  13. "NINIVE. CHUS PATO". casadellibro. Consultado o 2019-05-31. 
  14. Rábade Villar, María do Cebreiro. "Chus Pato: m-Talá, Vigo, Xerais, 2000.". revistes.ub.edu. Consultado o 31/05/2019. 
  15. "Obra completa. Vol. extra / m-Talá". euseino.org. Consultado o 2020-11-29. 
  16. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-31. 
  17. "Ficha de libro.Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-05-31. 
  18. "Secesión". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-31. 
  19. "Carne de Leviatán". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-31. 
  20. "Un libre favor". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-31. 
  21. Vázquez Porto, Lorena (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "O silabario do verbo". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 90–91. ISSN 0017-4181. 
  22. "Sonora". Xerais. Consultado o 2023-10-19. 
  23. "Nacer é unha república de árbores". www.cumio.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2019. Consultado o 2019-05-31. 
  24. "Nacer é unha república de árbores". Mario Regueira. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2019-05-31. 
  25. Chus Pato Um fémur de voz corre a galope
  26. Hordas de escritura seguido de Secesión
  27. Ficha na editorial
  28. dafnebenjumea (2018-04-04). "Chus Pato: la búsqueda de identidad más allá del mito". Oculta Lit (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-31. 
  29. Poesía reunida. Volumen III (2000)
  30. Chus Pato Um fémur de voz corre a galope
  31. Ficha do libro en Euseino? Editores
  32. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-31. 
  33. RAG: Chus Pato, Premio Clara Campoamor

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar