Xabier Cordal
Xabier Cordal Fustes, nado na Coruña o 27 de novembro de 1965, é un escritor galego.
Xabier Cordal | |
---|---|
Cordal no 2013. | |
Nacemento | 27 de novembro de 1965 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | poeta e escritor |
Xéneros | Poesía e ensaio |
Estudos | Filoloxía Galega |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Compostela. Desde 1989 exerce como profesor de Lingua e Literatura galegas, actualmente no IES da Terra Chá. Reside no Corgo.
Como escritor destaca a súa produción poética (foi un dos integrantes do grupo poético Ronseltz), pero tampouco se poden esquecer as súas críticas literarias e as súas múltiples colaboracións xornalísticas no xa extinto O Correo Galego (dentro do suplemento Revista das Letras) e en Galicia Hoxe. Tamén colaborou en varias publicacións periódicas como A Trabe de Ouro.
Foi ademais coautor do guión do filme A mariñeira e letrista do grupo musical Luar na Lubre ("Memoria da noite" ou "Centeás" levan a súa sinatura).
Tamén colaborou con artigos de opinión no xornal dixital Vieiros e formou parte das Redes Escarlata. Mantivo os blogs Monte Alto e Centeás (2010-2014).
ObrasEditar
PoesíaEditar
- Arianrod. Baía (A Coruña, 1993).
- Fruto do teixo. Edicións do Castro (Sada, 1994).
- Afásia. Baía (A Coruña, 1997).
- A vella peneira a noite. Baía (A Coruña, 2001).
- transmuta. Xerais (Vigo, 2012).
- resistencia da auga. Chan da Pólvora (Santiago de Compostela, 2018).
NarrativaEditar
- Relatos para televisión. (Xerais, 2019)
EnsaioEditar
- "A ideoloxía reintegracionista (notas de filoloxía política 2.0)"en A Trabe de Ouro, nº 79.
Obras colectivasEditar
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Edicións do Castro.
- Congresso Álvaro Cunqueiro: Actas, 1993, Deputación de Lugo. Coordinador da edición, con Araceli Herrero Figueroa, Bernardo Penabade e Ramom Reimunde.
- Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (Ronseltz), Positivas, 1994.
- XIV Festival da Poesia no Condado (libro colectivo de poesía). Ed. Sociedade Cultural e Desportiva do Condado (Salvaterra de Miño, 1994).
- dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90. Ed. Letras de Cal (Santiago de Compostela, 1999).
- Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (libro colectivo de poesía). Ed. Espiral Maior (A Coruña, 2003).
- Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata (Difusora, 2003).
- Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero (Espiral Maior, 2007).
- 55 mentiras sobre a lingua galega (Laiovento, 2009).
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (Toxosoutos, 2010).
- Cociñando ao pé da letra (Galaxia, 2011). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
- Premios Terras de Chamoso (2007-2009) (2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo).
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013, A. C. Caldeirón).
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega).
PremiosEditar
- Gañador do Concurso Nacional de Poesía O Facho no 1988, por Estamos de festa.
- VI Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1993, por Fruto do teixo.
- Premio da Crítica Galicia de Creación literaria en 2013, por transmuta.
Vida persoalEditar
É pai de Sabela e Estevo Cordal.