Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

asociación profesional galega

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituíse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Logo
AcrónimoAELG
Tipoasociación profesional e organización de escritores e escritoras
Data de fundación3 de maio de 1980
Presidente/aCesáreo Sánchez Iglesias (-) Editar o valor em Wikidata
PaísEspaña
Na rede
https://www.aelg.gal/
Facebook: aelg.org Twitter: aelg AELG: 452 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participou na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea foi o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.

Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña.[1] A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios,[2] nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.[3]

En 2022 foi Premio Rosalía de Castro de Lingua.[4]

Presidentes editar

Sucesivamente:

Composición do consello directivo editar

 
Cesáreo Sánchez, presidente da AELG.

Escritor galego universal editar

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destaca aquelas autoras e autores que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade nacional e humana, honrando cada ano unha escritora ou escritor.[7]

Notas editar

  1. Páxina de contacto da AELG
  2. Informe do Consello Directivo da AELG, Asemblea xeral de socios celebrada en febreiro de 2019.
  3. "A AELG convoca un parlamento de escritoras polos dereitos civís". Sermos Galiza. 11 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 13 de marzo de 2019. 
  4. "María Canosa, Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña". La Voz de Galicia. 2022-05-31. Consultado o 2022-06-01. 
  5. "Novas secci\u00F3ns e incorporaci\u00F3ns na directiva da AELG". www.aelg.gal. Consultado o 2020-12-03. 
  6. AELG Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
  7. "Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega". www.aelg.gal. Consultado o 2020-12-03. 
  8. culturagalega.org (2006-04-07). "Poeta galego de Palestina". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2020-12-03. 
  9. "A AELG nomea Escritor Galego Universal o vasco Bernardo Atxaga". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2020-12-03. 
  10. "A AELG nomea Escritor Galego Universal o vasco Bernardo Atxaga". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-10-17. 
  11. "Vieiros: Galiza Hoxe - Nancy Morejón, 'escritora galega universal'". www.vieiros.com. Consultado o 2020-12-03. 
  12. "Elena Poniatowska recibirá el título de Escritora Galega Universal o 9 de maio". La Región. 2009-04-30. Consultado o 2020-12-03. 
  13. "O poeta Juan Gelman, elixido «escritor galego universal»". La Voz de Galicia. 2009-12-24. Consultado o 2020-12-03. 
  14. asociacionescritoras-es. "Antonio Gamoneda, nomeado Escritor Galego Universal pola AELG Axenda cultural AELG::". Consultado o 2020-12-03. 
  15. Efe (2012-01-21). "José Luis Sampedro, distinguido como Escritor Galego Universal". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2020-12-03. 
  16. "Lídia Jorge, Escritora galega universal para a AELG". Nós Diario. Consultado o 2020-12-03. 
  17. "A AELG nomea Escritor Galego Universal a Bernardo Atxaga". Nós Diario. Consultado o 2020-12-03. 
  18. "Luiz Ruffato, Escritor Galego Universal 2015, en Lugo / Rede Museística provincial de LUGO". redemuseisticalugo.org. Arquivado dende o orixinal o 2022-05-04. Consultado o 2022-01-28. 
  19. "Pere Gimferrer, Escritor Galego Universal 2016". Praza Pública. 2016-02-13. Consultado o 2020-12-03. 
  20. "Hélia Correia, Escritora Galega Universal, e Pilar García Negro, Escritora na súa Terra". Nós Diario. Consultado o 2020-12-03. 
  21. "Falece a autora e xornalista valenciana Isabel-Clara Simó, Escritora Galega Universal 2018". Nós Diario. Consultado o 2020-12-03. 
  22. "María Teresa Horta, distinguida como Escritora Galega Universal". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-12-03. 
  23. "Mariasun Landa, Escritora Galega Universal 2020 Jakiunde". www.jakiunde.eus. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2020. Consultado o 2020-12-03. 
  24. "A AELG nomea José Luandino Vieira "Escritor Galego Universal"". Nós Diario. Consultado o 2021-04-17. 
  25. Diario, Nós. "A AELG nomea a portuguesa Ana Luísa Amaral como Escritora Galega Universal 2022". Nós Diario. Consultado o 2022-04-05. 
  26. "Escritora Galega Universal 2023: Lydia Cacho". AELG. Consultado o 2022-04-05. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar