Transmuta
obra literaria de Xabier Cordal
Transmuta é un libro de poesía do coruñés Xabier Cordal publicado por Edicións Xerais de Galicia a comezos de 2012.
Transmuta | |
---|---|
Autor/a | Xabier Cordal |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | febreiro de 2012 |
Formato | 14,50 x 22,00 cm Rústica, fresado |
Páxinas | 80 |
ISBN | 978-84-9914-350-7 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarA morte da nai é o punto de partida. Detrás da morte a mutilación da posguerra; a que incapacitou miles de corpos para comprender e xulgar a propia historia. Na viaxe que deliña este libro van confluíndo as palabras do pánico e do illamento, do silencio amoroso, as diversas caras da alienación, as do combate, e toman por fin terra (...) Abre transmuta unha porta azul ao tempo descoñecido, ao gume da intelixencia. E mostra a posibilidade de sermos libres, mesmo na época máis escura, cando se asume o poder de modificar todo discurso. De virar o corazón á herdanza.Presentación editorial[1].
Premios
editar- O poemario recibiu o Premio da Crítica Galicia de Creación literaria 2013.