Edicións Positivas
editorial galega
Edicións Positivas é unha empresa editorial galega con sede en Santiago de Compostela. Foi fundada en 1990 por Paco Macías e mais Xelís de Toro, e a súa lingua de edición é principalmente o galego, aínda que tamén editan en portugués.
Edicións positivas | |
---|---|
Tipo | Editora |
Fundación | 1990 |
Fundador | Paco Macías Xelís de Toro |
Na rede | |
https://edicionspositivas.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarPublica poesía, narrativa e ensaio. No seu catálogo conta con catro coleccións: Narrativas, Plural, Di-versos, Anima+l. Amais de encargarse da edición de textos de autores galegos, tamén traballa coa tradución de libros estranxeiros e ten vertido á lingua galega obras de Quim Monzó, H.G. Wells, Antonio Tabucchi, Allen Ginsberg, Pier Paolo Pasolini ou Mark Twain.
Edicións Positivas é a empresa responsábel do premio Narrativas Quentes de literatura erótica, de frecuencia bianual.