O Corgo
Coordenadas: 42°56′27.07″N 7°25′25.36″O / 42.9408528, -7.4237111
O Corgo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.695 habitantes (4.192 no 2006, 4.236 no 2005, 4.264 no 2004, 4.183 no 2003).
O Corgo | |
---|---|
![]() | |
Casa do concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | corgués (non oficial) |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca de Lugo |
Poboación | 3.422 hab. (2020)[2][3] |
Área | 157,3 km²[3] |
Densidade | 21,75 hab./km² |
Entidades de poboación | 38 parroquias[4] |
Política (2019 [5]) | |
Alcalde | Felipe Labrada Reija (PPdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 3 |
Eleccións municipais no Corgo | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 72,94% |
Na rede | |
www.concellodocorgo.net | |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
SituaciónEditar
O concello do Corgo, de 157,3 km², está situado ao leste de Galicia, na comarca de Lugo. Administrativamente forma parte da provincia de Lugo. Limita ao norte cos concellos de Lugo e Castroverde, ao sur con Láncara e O Páramo, ao leste con Castroverde, Baralla e Láncara, e ao oeste con Guntín e Lugo. A capital do concello está a unha altitude de 441 metros, se ben o concello carece dun núcleo urbano.
Orografía e hidrografíaEditar
O curso principal é o río Miño, e outros secundarios son o Chamoso, Tordea, Neira, Maceira, Mazandan, Romeán, Amoa e Outeiro. Os cumios máis destacados son Pena de Cruz (783 m), Pena Aguda (722 m), Castro de Croa (651 m), Canteira de Vidueiro (624 m), Pena de Ladrón (502 m), Agra do Outeiro (451 m) e Penas de Canón (431 m), amais das serras de Coedo e de Ferveda.
O espazo natural Miño-Neira forma parte da Rede Mundial de Reservas da Biosfera ao estar incluído no espazo Terras do Miño.
DemografíaEditar
Censo total 2014 | 3.695 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 250 (6.77 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.164 (59.37 %) |
Maiores de 65 anos | 1.281 (34.67 %) |

Evolución da poboación de O Corgo Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
6.813 | 7.775 | 8.544 | 5.057 | 4.264 | 3.938 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes do Corgo.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2020) "O Corgo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "O Corgo". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Corgo |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |