Láncara
Coordenadas: 42°51′54.26″N 7°26′37.7″O / 42.8650722, -7.443806
Láncara é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE no 2014 tiña 2.789 habitantes (3.047 no 2006, 3.091 no 2005, 3.136 no 2004, 3.146 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «lancarao».
Láncara | |
---|---|
![]() Igrexa de San Pedro de Armea. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | lancarao |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca de Sarria |
Poboación | 2.501 hab. (2022)[2][3] |
Área | 121,61 km²[3] |
Densidade | 20,57 hab./km² |
Entidades de poboación | 26 parroquias[4] |
Capital do concello | A Pobra de San Xiao |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Darío Antonio Piñeiro López (PSdeG-PSOE[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 6 |
Eleccións municipais en Láncara | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 79,89% |
Na rede | |
http://www.concellodelancara.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
DemografíaEditar
Censo total | 2.789 (2014) |
Menores de 15 anos | 196 (7.03 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.627 (58.34 %) |
Maiores de 65 anos | 966 (34.64 %) |

Evolución da poboación de Láncara Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
5.169 | 6.113 | 5.513 | 4.270 | 3.136 | 2.992 | 2.908 | 2.866 | 2.839 | 2.789 | 2.764 | 2.702 | 2.696 | 2.637 | 2.605 | 2.584 | 2.551 |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Familia CastroEditar
De Láncara era Ángel Castro Argiz, pai de Fidel Castro, que a finais do século XIX emigrou ás Américas. O propio Fidel Castro visitou a aldea de seu pai o 27 de xullo de 1992, convidado polo presidente Manuel Fraga. Na visita coñeceu a casa familiar (onde hoxe hai unha placa), a dúas das súas curmás, foi nomeado fillo adoptivo e asistiu a unha romaxe típica. Castro dixo que para el era unha «grande honra ser descendente de galegos, e que a casa de seu pai non fose un pazo, senón unha casoupa moi humilde». Fidel tamén mencionou «os xenes de rebeldía que hai no espírito galego», e lembrou que moitos dos que lle seguiron na loita armada contra Fulgencio Batista eran orixinarios desta terra[8].
PolíticaEditar
En outubro do ano 2009 o PPdG presentou unha moción de censura cun tránsfuga do PSOE para derrocar da alcadía gobernante socialista Darío Antonio Piñeiro López. Contou co apoio dos dous concelleiros elixidos por Terra Galega (TeGa), formación que pola súa parte os expulsou por dobre militancia no PP.
DeporteEditar
A Pobra de San Xiao tivo un equipo de fútbol sala, o ED Láncara, máis coñecido polo nome dos seus patrocinadores Muebles Caloto e Barcel Euro. Entre 2004 e 2006 xogou na División de Honra, a máxima categoría do fútbol sala español.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Láncara.
Lugares de LáncaraEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Láncara vexa: Lugares de Láncara.
ParroquiasEditar
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Láncara".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Láncara". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ "Las 48 horas de Fidel Castro en Galicia: Pulpo, dominó y «Patria o muerte»", artigo en La Voz de Galicia, 28 de xullo de 2017 (en castelán).
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Láncara |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |