Triacastela
Coordenadas: 42°45′23″N 7°14′23″O / 42.7563403, -7.2397461
Triacastela (do latín tria castella, 'tres castros')[7] é un concello da provincia de Lugo en Galicia. Pertence á comarca de Sarria. Segundo o INE en 2018 tiña 643 habitantes (821 no 2006, 820 no 2005, 839 no 2004, 852 no 2003).
Triacastela | |
---|---|
![]() O Camiño de Santiago ó seu paso polo concello. | |
Situación | |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca de Sarria |
Poboación | 629 hab. (2022)[1][2] |
Área | 51,18 km²[2] |
Densidade | 12,29 hab./km² |
Entidades de poboación | 8 parroquias[3] |
Política (2023 [4]) | |
Alcaldesa | Olga Iglesias Fontal (PPdeG[5]) |
Concelleiros | PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 2 |
Eleccións municipais en Triacastela | |
Uso do galego[6] (2011) | |
Galegofalantes | 83,63% |
Na rede | |
http://www.concellotriacastela.es | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Demografía Editar
Censo total | 643 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 45 (7 %) |
Entre 15 e 64 anos | 377 (58.63 %) |
Maiores de 65 anos | 221 (34.37 %) |

Evolución da poboación de Triacastela Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
2.584 | 1.085 | 1.975 | 1.129 | 839 | 781 | 772 | 756 | 739 | 721 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Patrimonio Editar
O concello está atravesado pola ruta francesa do camiño de Santiago.
No concello atópase a Cova de Eirós, que se vén escavando desde 1990 e na que xa se atoparon importantes restos da fauna galega de hai máis de 35.000 anos, entre eles restos de máis de 40 individuos de oso das cavernas (Ursus spelaeus), cérvidos e bóvidos; así como materiais líticos adscritos ao Paleolítico Medio e, polo tanto, a humanos neandertalenses. O 20 de agosto de 2012 fíxose público o descubrimento de mostras de arte rupestre, as primeiras descubertas en Galicia polo de agora.
Toponimia Editar
A orixe do topónimo non está clara aínda que no escudo municipal aparezan tres castelos dos que non hai noticia que houbese nunca polos arredores. Algúns interpretan que Triacastela pode derivar de tres castros (castellum) que forman unha especie de triángulo e que son o de Triacastela, o de Tras do Castro (ou o de San Adrián) e o de Lagares.[8]
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Triacastela.
|
Lugares de Triacastela Editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Triacastela vexa: Lugares de Triacastela.
Parroquias Editar
Notas Editar
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Triacastela".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Real Academia Galega (Antón Santamarina) (25/11/2021). O Seminario de Onomástica responde: Triacastela (Youtube).
- ↑ Galicia Encantada. "Triacastela, orixe do topónimo".
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triacastela |
Bibliografía Editar
- López Pombo, Luis (1993). Concellos de As Nogais, Pedrafita do Cebreiro y Triacastela. Un recorrido por sus parroquias (en castelán). Deputación de Lugo.
Outros artigos Editar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |