Samos

concello da comarca de Sarria, na provincia de Lugo

Coordenadas: 42°43′50.4″N 7°19′35.8″O / 42.730667, -7.326611

Samos é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.458 habitantes (1.820 no 2006, 1.897 no 2005, 1.923 no 2004, 1.999 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é samanense [8].

Samos
Bandeira de Samos
Escudo de Samos
Mosteiro de San Xulián de Samos 1.jpg
Situacion Samos.PNG
Situación
Xentilicio[1]samanense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Sarria
Poboación1.202 hab. (2022)[2][3]
Área136,77 km²[3]
Densidade8,79 hab./km²
Entidades de poboación24 parroquias[4]
Capital do concelloSamos
Política (2019[5])
AlcaldeJulio Gallego Moure (PSdeG-PSOE [6])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 5
Outros: CxG-CCTT 1
Eleccións municipais en Samos
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes91,88%
Na rede
www.concellodesamos.com
editar datos en Wikidata ]

DemografíaEditar

Censo Total (Habitantes) 1.458 (2014)
Menores de 15 anos 66 (4.53 %)
Entre 15 e 64 anos 803 (55.07 %)
Maiores de 65 anos 589 (40.4 %)

LocalizaciónEditar

Limita ao norte co concello de Láncara; ao sur cos do Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón; ao leste cos de Triacastela, Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel e ao oeste cos de Sarria e O Incio. Pertence ao partido xudicial de Sarria e á diocese de Lugo.

Samos atópase nos contrafortes das serras orientais de Galiza, montes de Lóuzara, Serra do Oribio e Montes da Albola. O relevo é moi accidentado; a altitude media é superior aos 700 m. e máxima está no Oribio, a 1.443 m. O río Sarria, afluente do Miño, drena a vertente occidental e polo leste baixa o río Lóuzara cara o Lor e posteriormente o Sil. Poden apreciarse tres zonas ben diferenciadas: a central, zona de asentamento das poboacións máis importantes; a zona norte, máis aberta e con terras en pendente e suaves lombas, e Lóuzara, a zona sur, cunha paisaxe bravía chea de montañas e vales.

A oscilación térmica é grande, uns 13 °C: o clima é frío no inverno e xea con frecuencia. As precipitacións van desde os 900 aos 1.500 mm.

O concello esténdese sobre 136,77 km²[9] e a cidade máis próxima é Lugo, a 43 km.

HistoriaEditar

Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.

En época sueva Martiño de Dumio fundou o mosteiro, ao que está ligada toda a historia de Samos. O nome provén de Samanos, que posibelmente fai referencia a un lugar habitado por unha comunidade relixiosa. O mosteiro abandonouse brevemente arredor do ano 714 até que Froila I llo asignou ao abade Arxerico. Nel pasou a súa adolescencia o futuro rei Afonso II o Casto após o asasinato do seu pai, Froila I, no ano 768.

Os dominios do mosteiro fóronse ampliando, especialmente desde que o papa Alexandre III lle concedeu unha bula no ano 1175 outorgándolle dereitos e rendas sobre 105 igrexas de todo o reino. Nos séculos XVII e XVIII leváronse a cabo numerosas obras nel, dándolle a súa arquitectura actual.

EconomíaEditar

Desde comezos do século XX, Samos perdeu o 70% da súa poboación, especialmente entre 1940 e 1980. O 85% dedícase á agricultura, fundamentalmente a gandería, con vacas e tamén porcos e ovellas.

Patrimonio histórico e artísticoEditar

Desde hai tempo, moitos peregrinos desvíanse do camiño de Santiago entre Triacastela e Sarria para visitar o Mosteiro de San Xulián de Samos.

Próxima a este está a capela do Salvador, construída a finais do século IX con influencia mozárabe.

Festas e celebraciónsEditar

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Samos.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Samos

Castroncán (Santa Marta) | Estraxiz (Santiago) | Formigueiros (Santiago) | Freixo (San Silvestre) | Frollais (San Miguel) | Gundriz (Santo André) | Loureiro (Santa María) | Lousada (San Martiño) | Montán (Santa María) | Pascais (Santalla) | Reiriz (Santo Estevo) | Renche (Santiago) | Romelle (San Martiño) | Samos (Santa Xertrude) | San Cristovo de Lóuzara (San Cristovo) | San Cristovo do Real (San Cristovo) | San Mamede do Couto (San Mamede) | San Martiño do Real (San Martiño) | San Xil de Carballo (San Xil) | San Xoán de Lóuzara (San Xoán) | Santalla (San Xosé) | Suñide (Santa María) | Teibilide (San Xulián) | Zoó (Santiago)

Lugares de SamosEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Samos vexa: Lugares de Samos.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Samos".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Samos". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 57. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  9. "Superficie". IGE. 27-01-2020. Arquivado dende o orixinal o 28-09-2021. Consultado o 26-04-2021. 

Véxase taménEditar