Becerreá
Coordenadas: 42°51′11″N 07°09′41″O / 42.85306, -7.16139
Becerreá é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2015 tiña 2987 habitantes (3250 no 2009, 3334 no 2006, 3389 no 2005, 3424 no 2004, 3442 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é becerrego ou becerrense[9].
Becerreá | |
---|---|
![]() Casa do concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | becerrego/becerrega becerrense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca dos Ancares |
Poboación | 2.755 hab. (2022)[2][3] |
Área | 172 km²[3] |
Densidade | 16,02 hab./km² |
Entidades de poboación | 26 parroquias[4] |
Capital do concello | Becerreá |
Política (2019 [5][6][7]) | |
Alcalde | Manuel Martínez Núñez (Galicia Sempre) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 2 PSdeG-PSOE: 1 Outros: Galicia Sempre: 7 |
Eleccións municipais en Becerreá | |
Uso do galego[8] (2011) | |
Galegofalantes | 79,61% |
Na rede | |
concellodebecerreá.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
PoboaciónEditar
Censo total | 2987 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 207 (6,93 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1714 (57,38 %) |
Maiores de 65 anos | 1064 (35,62 %) |

Evolución da poboación de Becerreá Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
9153 | 7864 | 7015 | 5091 | 3424 | 3250 | 3121 | 3072 | 3048 | 2921 | 2987 | 2921 | 2856 | 2827 | 2818 | 2760 | 2826 |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
HistoriaEditar
Hai restos arqueolóxicos de diversas etapas: a cova dos Penedos (Fraiás, San Pedro) e os castros de Castro de Castelo (Castro de Ouro, O Salvador), Castro de Guilfrei (Galgao, San Martiño) e castro de Guillén (Goás, San Pedro).
Na zona habitaban o pobo prerromano dos zoelas, que tiñan a súa capital no poboado de Ocellum Gallaicorum (actual Ouselle). Por alí pasaba a vía romana que unía Lugo e Astorga.
O liño zoélico tiña sona en Roma, sendo usado para a confección de pezas de roupa e para a curación de chagas e feridas. Se ben xa non se cultiva na zona, aínda se conservan na comarca antigas teas e útiles usados na súa elaboración.
Xa na época medieval, creouse na zona o mosteiro bernardino de Santa María de Penamaior, único cenobio galego dependente da abadía de Císter. Desta época consérvanse sepulcros medievais en Lagoa, San Vicente.
En 1809, durante a Guerra da Independencia Española os guerrilleiros locais lograron apoderarse dun numeroso arsenal bélico francés preto da ponte sobre o río Cruzul.
En Becerreá publicáronse os periódicos El Monitor de Becerreá e El Adoptivo.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Becerreá.
Estrada N-VI ao seu paso pola vila.
Vídeo atravesando Becerreá pola N-VI.
Lugares de BecerreáEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Becerreá vexa: Lugares de Becerreá.
ParroquiasEditar
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Becerreá".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ "El Concello de Becerreá aprueba 67.500 euros en dos dedicaciones exclusivas". El Progreso de Lugo. 12/07/2019. Consultado o 02/09/2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Becerreá". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 42. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Becerreá |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |