Liño
Liño | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Linum usitatissimum L., Sp. Pl., vol. 2, p. 277, 1753 [1] |
O liño ou liñaceira (Linum usitatissimum) é unha planta herbácea que chega a atinxir un metro de altura e pertence á familia das lináceas. Abrangue un certo número de subespecies, integradas polos botánicos co nome de Linum usitatissimum L. Componse basicamente dunha substancia fibrosa, da cal se extraen as fibras longas para a fabricación de tecidos e dunha substancia leñosa. Produce sementes oleoxinosas e a súa fariña é utilizada para cataplasmas, usadas con fins medicinais.
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 2 234 kJ (534 kcal) |
28.88 g | |
Azucres | 1.55 g |
Fibra alimentaria | 27.3 g |
42.16 g | |
Saturadas | 3.663 g |
Monoinsaturadas | 7.527 g |
Poliinsaturadas | 28.730 g 22.8 g 5.9 g |
18.29 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 143% 1.644 mg |
Riboflavina (B2) | 13% 0.161 mg |
Niacina (B3) | 21% 3.08 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 20% 0.985 mg |
Vitamina B6 | 36% 0.473 mg |
Ácido fólico (B9) | 0% 0 μg |
Vitamina C | 1% 0.6 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 26% 255 mg |
Ferro | 44% 5.73 mg |
Magnesio | 110% 392 mg |
Fósforo | 92% 642 mg |
Potasio | 17% 813 mg |
Cinc | 46% 4.34 mg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Historia
editarNon se coñece a data e o lugar nos que o home utilizou por primeira vez as fibras flexíbeis do liño para confeccionar o tecido, nin cando a planta comezou a ser cultivada. Desde 2.500 anos a.C. o liño era cultivado no Exipto, e o Libro de Moisés refírese á perda dunha colleita de liño como unha “praga” ou desgraza, tal era a súa importancia na vida das poboacións. As cortinas e o Veo do Tabernáculo e as Vestes de Arón como oficiante eran en “liño fino retorcido”. A túnica de Cristo era de liño sen costuras.
As zonas de cultivo
editarEncóntranse hoxe en día case exclusivamente en Europa. Bélxica e os Países Baixos fornecen as mellores calidades de liño.
Tipos
editarPlántanse tres tipos de liño:
- Liño de fibras (liño para debullar), para a obtención de fibras téxtiles;
- Da semente, para a obtención de aceite de liñaza, base da pintura ao óleo.
- Liño de cruzamento, conseguido polo cruzamento do liño de fibras co de aceite; foi desenvolvido para dar un rendemento suficiente de fibras e aceite.
En Galiza
editarO liño foi a fibra tradicional cultivada en Galiza e aínda que o seu cultivo case desapareceu, foi recuperado nos anos oitenta por iniciativa dos deseñadores galegos, especialmente por Adolfo Domínguez, pero a súa presenza segue a ser testemuñal.
En 2009 a cooperativa Feiraco tamén se sumou á recuperación do liño, como complemento natural para a alimentación das vacas.[1]
O liño na cultura popular galega
editar- Artigo principal: O liño na cultura popular galega.
- Liño bo, liño malo, todo frolece en maio.
- Liño de Holanda, pesa e non anda.
- Pró liño, sete voltas de rella e a caghalla da ovella.
Notas
editar- ↑ Feiraco planta liño en Galicia para mellorar a alimentación das vacas. Telexornal 04/06/2009 (TVG)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liño |
Bibliografía
editar- RIVAS QUINTAS, Eligio: Frampas. Contribución al Diccionario Gallego. Ed. Ceme, Salamanca 1978..
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.