Feiraco
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Coordenadas: 42°53′50.44″N 8°42′10.30″O / 42.8973444, -8.7028611
Feiraco é unha empresa agrícola galega, fundada en Negreira en 1968. Actualmente as súas instalacións están na Ponte Maceira (Ames). Está xestionada en réxime de cooperativa, desenvolvendo todo o proceso desde a recollida até a comercialización do leite e os produtos derivados. En 2014 contaba con 2.114 socios, 213 empregados e 490 explotacións produtoras de leite nas que recollía arredor de 126 millóns de litros anuais.
Feiraco | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Cooperativa |
Fundación | 20 de outubro de 1968 |
Matriz | Feiraco Sociedad Cooperativa Galega |
Localización | Pontemaceira S/N 15864 Ames A Coruña ![]() |
Fundador | Jesús García Calvo |
Persoas clave | José Montes Pérez (presidente) |
Industria | Láctea |
Produtos | Leite Produtos lácteos Penso |
Beneficio | 114 millóns de euros (2013)[1] |
Páxina web | feiraco.es |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
Feiraco, Sociedade Cooperativa Galega foi formada en 1968 por 125 persoas da comarca da Barcala. O rexistrador da propiedade Jesús García Calvo, impulsor do proxecto, foi elixido primeiro presidente, cargo que ocupou até 2008, ano en que o sucedeu o gandeiro de Olveira (Dumbría) José Antonio Casais. Dende 2012 a cooperativa está presidida por José Montes Pérez.[2]
En 1970 construíuse unha fábrica de pensos propia, e ao ano seguinte iniciouse a recollida e comercialización do leite. En 1974 foi unha das primeiras empresas en introducir en España o sistema UHT de envasado.
En 2011 creou a marca Unicla, vinculada ao selo Galega 100% promovido pola Xunta de Galiza que identifica o leite de orixe galega. A marca Feiraco tamén está certificada por Galicia Calidade e foi a primeira empresa española certificada por AENOR coa "Letra Q" do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.
Esta marca recibiu o primeiro Premio Europeo á Innovación Cooperativa. No ano 2011 recibiu o distintivo de Igualdade na Empresa, outorgado polo Ministerio de Sanidade, pola súa política de responsabilidade social, e en 2016 a Xunta outorgoulle o Premio RSE polo seu proxecto Responsabilidade Social en Movemento para afianzar prácticas responsables en todas as áreas de traballo da compañía. Recentemente recibiu o distintivo de Igualdade na Empresa pola súa política de responsabilidade social, e foi distinguida como «empresa socialmente responsable.
Entre 2011 e 2012 lidera o proceso de adquisición, xunto a outras nove cooperativas galegas integradas en ACOLACT, da planta de CLESA en Caldas de Reis. Este proceso foi apoiado pola Xunta de Galiza a través do IGAPE, e culminou coa sinatura formal das escrituras de compra o 19 de xullo de 2012.
En novembro de 2016 funda Cooperativas Lácteas Reunidas (CLUN) xunto a Melisanto e Os Irmandiños. Esta sociedade cooperativa de segundo grao, que xestiona arredor do 15% da produción láctea galega, comercializa as marcas Feiraco, Feiraco Unicla e Clesa.
Moi vencellada á cultura e o patrimonio galego, Feiraco colabora coa Xunta de Galiza para difundir a celebración do Día das Letras Galegas con accións como a edición especial de cartóns de leite ou a convocatoria de concursos de microrrelatos.
ProdutosEditar
- Leite Feiraco: enteiro, semidesnatado e desnatado.
- Leite Feiraco Unicla: enteiro, semidesnatado e desnatado.
- Leite Feiraco Unicla sen lactosa: semidesnatado e desnatado.
- Feiraco Yogu+: iogur bebible sabor amorodo, macedonia e natural.
- Feiraco Batido de Chocolate
- Feiraco Nata para montar e cociñar.
- Queixos: de barra, Tetilla e Arzúa-Ulloa.
NotasEditar
- ↑ "Feiraco dice adiós a la crisis con un récord de ventas en 2013" Economía Digital, 14/6/2014 (en castelán).
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2018.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Sitio web de Feiraco: [1]
- Feiraco na Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA): [2]
- Memoria RSC 2013-2014
- José Montes se hace con la presidencia de Feiraco con el 81% de los votos.
- El grupo lácteo liderado por Feiraco se llamará Clun
- Un millón de envases de Feiraco levarán impresa a imaxe de Carlos Casares.