Galicia Calidade
Galicia Calidade é unha marca de garantía e sociedade mercantil promovida pola Xunta de Galicia creada polo Decreto 382/1994, do 15 de decembro. Dita marca exhíbese nunha ampla gama de produtos locais, principalmente alimenticios, mediante un característico e publicitado logotipo co fin de acreditar a súa calidade e promocionalos dentro e fóra de Galicia.[1] A empresa pública Galicia Calidade S.A.U, dependente da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, encárgase da xestión e control da marca de garantía a aquelas empresas que a obtiveron.[2]
Galicia Calidade | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima Unipersoal |
Fundación | 1994 |
Matriz | Xunta de Galicia |
Localización | Complexo administrativo de San Lázaro, s/n. Edificio IGAPE 3o 15703 Santiago de Compostela |
Beneficio | 1,1 millóns e euros (2006) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galica Calidade depende dos orzamentos da xunta e das cotas que pagan as organizacións que utilizan a súa marca. Estas cotas están ligadas ás vendas de cada empresa.[3]
A súa imaxe como icona é unha cuncha de vieira estilizada coa marca Galicia Calidade.
Notas
editar- ↑ ""Galicia Calidade" ultima un plan para ganar peso". El País (en castelán). 22 de febreiro de 2002. Consultado o 23 de abril de 2011.
- ↑ "Galicia Calidade, líder de las Marcas de Garantía". ABC (en castelán). 25 de xullo de 1998.
- ↑ "Tarifa aplicable a empresas". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |