Abrir o menú principal

Agrón, Ames

parroquia civil do concello de Ames

San Lourenzo de Agrón é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago, cunha superficie de 7,24 Km². Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 421 habitantes (204 homes e 217 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 525 habitantes.

Agrón
Ames.Ponte Maceira.Galizar32.jpg
Segundo cuartel.
ConcelloAmes
Área7,24 km²
Poboación421 hab. (2013)
Densidade58,15 hab./km²
Entidades de poboación15

EtimoloxíaEditar

O termo Agrón non ten unha orixe clara. Martínez Lema propuxo a procedencia prerromana de okr + one[1], de significado pouco claro, que viría reforzada pola recorrencia das formas Ogrom, Ogron e Ogrone no tombo de Toxos Outos. Porén, xa na Idade Media (1390) aparece citado como Agrõ, o que levaría probablemente a unha resegmentación ao interpretar ese a- inicial como artigo, e despois unha remasculinización a formas do século XVI como San Lorenço de Gron, San Lorenço d’Ogron, Sant Lorenço do Gron ou "en o Gron".[2].

NotasEditar

  1. Martínez Lema, Paulo (2010). A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do Tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV) (Tese de doutoramento ed.). Universidade de Santiago de Compostela. 
  2. Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización". Revista Galega de Filoloxía (12): 11–35. ISSN 1576-2661. 

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar