A Garea, Agrón, Ames
A Garea é un lugar da parroquia de Agrón no concello coruñés de Ames na comarca de Santiago. Tiña 39 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 16 homes e 23 mulleres.
A Garea | |
---|---|
Parroquia | Agrón |
Concello | Ames |
Coordenadas | 42°53′02″N 8°43′03″O / 42.8838, -8.7174 |
Poboación | 30 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O termo A Garea procede do latín serodio uilla dacaredi ou quizais dagaredi, construído sobre un nome xermánico Dacaredus, que viría significar "casa de Dacaredo". Xa en fontes medievais atopouse Dagarea, que sería reinterpretado posteriormente como a composición da contracción da mais un substantivo. Logo reinterpretaríase de novo a de+a, que levaría ao topónimo actual[1][2].
Notas
editar- ↑ Martínez Lema, Paulo (2010). A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do Tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV) (Tese de doutoramento ed.). Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización". Revista Galega de Filoloxía (12): 11–35. ISSN 1576-2661.
Lugares e parroquias
editarLugares de Agrón
editarLugares da parroquia de Agrón no concello de Ames (A Coruña) | |
---|---|
Arufe | Calo | Ferreiros | O Galiñeiro | A Garea | Gasamáns | A Igrexa | Insua | Novais | O Pazo | Piñor | A Ponte Maceira | A Ponte Nova | Sandar | Trasmil |