Abrir o menú principal

Piñeiro, Ames

parroquia civil do concello de Ames

San Mamede de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 244 habitantes (119 homes e 125 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 306 habitantes. O reconto do 2006 reflicte que había 279 habitantes.

Piñeiro
Igrexa de San Mamede de Piñeiro, Ames.jpg
Igrexa de San Mamede de Piñeiro.
ConcelloAmes
Área6,14 km²
Poboación244 hab. (2018)
Densidade39,74 hab./km²
Entidades de poboación6

XeografíaEditar

Esténdense sobre unha superficie de 6,14 km². A parroquia é limítrofe coas de Ameixenda e Tapia. As entidades de poboación, todas elas aldeas, son, de Sur a Norte: Covas, Rúa (ou Piñeiro de Abaixo), San Mamede (ou Piñeiro do Medio), Vilaverde, Fernande e Balindo.

A parroquia está conectada con Santiago de Compostela mediante unha liña de bus[1] operada pola empresa Hermanos Ferrín.

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial sitúase en Piñeiro do Medio e correspóndelle a San Mamede.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar