Covas, Ames
Santo Estevo de Covas[1] é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 5,86 km². Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 965 habitantes (490 homes e 475 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 650 habitantes.
Covas | |
---|---|
![]() Muíño de Covas | |
Concello | Ames[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°56′12″N 8°38′57″O / 42.9368, -8.6492 |
Área | 5,86 km² |
Poboación | 965 hab. (2018) |
Densidade | 164,68 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo Covas (do latín cŏva) é un orónimo referido a un terreo cóncavo, xa sexa un espazo natural como unha furna, buraco, oco ou cavidade, ou feito polo ser humano, como minas e canteiras, ou mesmo goridas de animais ou sepulturas.[2]
Patrimonio
editarPetróglifo do Monte das Pedras ou Monte Castelo. Descubertos a principios do século XX por Óscar Lojo-Batalla Sampedro, déronse por destruídos pola acción dos canteiros, pero foron localizados en agosto de 2015 polo colectivo A Rula.[3]
Galería de imaxes
editar-
Petróglifo da Peneda Negra ou da Pena Negra en Ventosa.
-
Petróglifo da Peneda Negra ou da Pena Negra en Ventosa.
-
Petróglifo da Peneda Negra ou da Pena Negra en Ventosa.
Lugares e parroquias
editarLugares de Covas
editarLugares da parroquia de Covas no concello de Ames (A Coruña) | |
---|---|
Capeáns | Caroubáns | Covas | A Igrexa | O Lombao | Loureiros | Monte | Ventosa |
Parroquias de Ames
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ López Boullón, Xosé Ramón (2019). Toponimia de Ames. A Coruña: Real Academia Galega. p. 46. ISBN 978-84-947823-7-4.
- ↑ X. Ameixeiras (17/8/2015). "Localizan en Ames una joya del arte rupestre que se daba por perdida". La Voz de Galicia.