Comarca da Barcala
A comarca da Barcala[1] é unha comarca galega situada na provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos da Baña e Negreira.
Comarca da Barcala | |
---|---|
![]() | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Área | 213,29 km² |
Poboación | 10.203 hab. (2020) |
Densidade | 47,84 hab./km² |
Concellos | A Baña Negreira |
O nome desta comarca provén do río Barcala, que traza aproximadamente o límite entre os dous concellos que a conforman. No seu curso baixo ten como afluente o río Albariña, zona na que o val de Barcala se abre a unha depresión máis ampla, na que se levanta a vila de Negreira, moi preto da súa desembocadura no Tambre.
DemografíaEditar
Padrón municipal 2020 | 10.203 habitantes[2] |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.139 (11,16 %) |
Entre 16 e 64 anos | 5.974 (58,55 %) |
Maiores de 65 anos | 3.090 (30,29 %) |
Galería de imaxesEditar
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca da Barcala
NotasEditar
- ↑ "Corrección do DOG nº 71 do 15/04/1997"
- ↑ "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-25.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |