Abrir o menú principal

O río Barcala é un afluente do Tambre pola marxe dereita.

Río Barcala
Río Barcala ó seu paso por Covas, Negreira 15IX2011.JPG
Río Barcala dende a ponte do refuxio de Covas, en Negreira
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoMonte Fontemago [1]
Altitude350 m
Lonxitude17,8 km
DesembocaduraRío Tambre
Altitude desembocadura145 m
Cadea fluvialRío Barcala,
Río Tambre
Hidrogalicia rio tambre.svg
Cunca do río Tambre marcada en azul escuro

CursoEditar

Nace no monte Fontemago nas proximidades de Fontecada, concello de Santa Comba, e baña os concellos da Baña e de Negreira, onde desemboca no encoro de Barrié de la Maza.[1]

AfluentesEditar

Afluentes do río Barcala por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

  1. Rego de Agrís[1] (desemboca na Pallota pola marxe esquerda).
  2. Rego dos Guardados[1] (desemboca preto de Espesedo pola marxe dereita).
  3. Rego de Trece[1] (desemboca preto de Trece pola marxe esquerda).
  4. Rego das Xestas[1] (desemboca entre Folgueira e Vilanova pola marxe esquerda).
  5. Rego de Vilariño[Cómpre referencia] (desemboca na Piolla pola marxe dereita).
  6. Rego de Ferraces[1] (desemboca en Ponte Corneira pola marxe esquerda).
  7. Rego de Forxán[1] (desemboca preto de Vilar de Cerdeiras pola marxe dereita).
  8. Rego do Ouro[1] (desemboca en Corneira pola marxe esquerda).
  9. Rego de Busto[Cómpre referencia] (desemboca en Reiverde pola marxe esquerda).
  10. Rego de Broño[Cómpre referencia] (desemboca en Rial pola marxe dereita).
  11. Rego de Redemuiños[Cómpre referencia] (desemboca preto de Redemuiños pola marxe dereita).
  12. Rego de Porto Xañín[1] (desemboca en Padín pola marxe esquerda).
  13. Río Albariña[1] (desemboca preto de Vilachán pola marxe esquerda).
  14. Rego de Duomes[1] (desemboca pegado ó Pazo do Cotón, en Negreira, pola marxe esquerda).

NotasEditar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 42°54'24.0"N 8°44'39.3"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.