Comarcas de Galicia
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal[1] e carecen de funcións administrativas.



Poboación Editar
A continuación detállase a poboación por comarcas en cada unha das catro provincias galegas:
Provincia da Coruña Editar
Das 18 comarcas da provincia da Coruña, no ano 2020 é a comarca da Coruña a que ten máis poboación, con 406.873 habitantes, mentres que en último lugar estaría a comarca da Barcala, con 10.203 habitantes.
Provincia de Lugo Editar
Dentro da provincia lucense, no ano 2020 a capital e a súa comarca ocupan o primeiro posto con 118.955 habitantes; pola contra, a comarca de Fonsagrada é a menos poboada, con 4.830 habitantes.
Provincia de Ourense Editar
No ano 2020, na provincia de Ourense, a propia comarca de Ourense reunía máis da metade da poboación provincial, con 144.440 habitantes. A comarca da Terra de Caldelas é pola contra a menos poboada de provincia e de Galicia, con 2.764 habitantes.
Provincia de Pontevedra Editar
A provincia de Pontevedra acolle no seu seo a bisbarra máis poboada da comunidade, a comarca de Vigo, con 426.834 habitantes no ano 2020. A comarca da Paradanta é a menos poboada da provincia, con 12.060 habitantes nese mesmo ano.
Notas Editar
- ↑ Artigo 4.1 da Lei 7/1996, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-21.
- ↑ "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-21.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- DECRETO 65/1997, do 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia (DOG nº 63, de 3.04.1997)