Verea
Coordenadas: 42°5′56.6″N 07°57′03.8″O / 42.099056, -7.951056
Verea é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2020 tiña 912 habitantes (1.387 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vereense». A súa capital é Carballo.
Verea | |
---|---|
![]() ![]() | |
![]() Fonte no Alto do Vieiro. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | vereense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Terra de Celanova |
Poboación | 914 hab. (2021)[2][3] |
Área | 94,2 km²[3] |
Densidade | 9,7 hab./km² |
Entidades de poboación | 11 parroquias[4] |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Xosé Antonio Pérez Valado (BNG[6]) |
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais en Verea | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 91,03% |
Na rede | |
http://www.concellodeverea.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
DemografíaEditar
Censo Total | 1059 (2014) |
Menores de 15 anos | 41 (3.87%) |
Entre 15 e 64 anos | 492 (46.46%) |
Maiores de 65 anos | 526 (49.67%) |

Evolución da poboación de Verea Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
3.677 | 3.632 | 3.641 | 3.171 | 1.398 | 1.269 | 1.222 | 1.150 | 1.112 | 1.059 | 1042 | 983 | 956 | 933 | 943 | 912 | {{{17}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
XeografíaEditar
Descrición xeralEditar
O concello ten unha superficie de 94,6 km², e abrangue 11 parroquias e 40 entidades de poboación. A súa capital é Carballo. Está situado a 32 km da capital, Ourense, á que se chega pola estrada OU-540.
O territorio, eminentemente rural, está atravesado por unha falla en diagonal do noroeste ao sueste, ao leste do río Grande. O extremo sueste da falla divide as vertentes do río Limia e do río Arnoia. Os seus principais cursos fluviais son o Grande, o Cexo e o Orille, afluentes do Arnoia. Neles practícase a pesca da troita.
O cumio máis elevado é o Outeiro de Ferro (1.268 m) o cal fai de linde entre Galicia e Portugal. Outros cumios son o Froufe (1.245 m), Penagache (1.226 m) e o Lobaqueiros. Entre estes dous últimos hai un abrupto canón.
Cursos fluviaisEditar
Verea é terra abundante en auga, por iso son numerosos os accidentes fluviais recollidos dentro dos lindes do concello.
RíosEditar
RegatosEditar
- Regato do Abelal
- Regato das Abelleiras
- Regato da Amieira
- Regato de Balín
- Regato do Cabosteiro
- Regato dos Campos
- Regato da Cernadela
- Regato da Costa
- Regato de Fraguas
- Regato da Lagoa
- Regato da Lamatapada
- Regato de Nigeiroá
- Regato de Sanguñedo
- Regato do Sobradiño
- Regato de Pitelos
- Regato do Pontón
- Regato de Quintela
- Regato do Vieiro
CorgasEditar
HistoriaEditar
Na serra do Leboreiro, na fronteira con Portugal, consérvanse restos megalíticos, destacando unha necrópole de mámoas con cámara funeraria. Nas ladeiras do monte Penagache estanse a realizar unha serie de escavacións arqueolóxicas na procura de restos anteriores á romanización.
A etimoloxía do topónimo Verea indica que é un lugar de paso. O concello estaba atravesado por unha antiga vía romana de carácter secundario, que saía de Aquis Querquennis cara ao norte, entrando polo alto do Vieiro. Porén, para outros autores o topónimo procede de Venoriu, relacionado coas minas localizadas probablemente no Outeiro de Ferro. Outros restos romanos atópanse nun campamento romano coñecido como A Cividá.
Preto do campamento atópase a ermida de San Trocado. Segundo a lenda, recollida por Ambrosio de Morales na súa obra Viaxe Santo, uns portugueses que roubaran as reliquias de Celanova quedaron paralizados no lugar onde hoxe se levanta a ermida por mor dun milagre de Rosendo de Celanova. Esta ermida, durante moito tempo esquecida, encóntrase hoxe en vías de restauración.
Por riba da vía romana, pasa o camiño portugués da ruta Xacobea que vai por Celanova. A comezos do século XII o abade de Celanova e o prior dos Templarios de Veiga proxectaron a construción conxunta dun hospital para peregrinos.
Durante a Idade Media, debido aos continuos conflitos entre a Coroa de Portugal e a Coroa de Castela, o lugar tivo o carácter de marca.
Na época de posguerra foros moitos os veciños adicados ao estraperlo que, aproveitando a súa proximidade coa Raia Seca, atravesaban a Serra do Laboreiro (por sitios como o Outeiro da Auga, Penagache ou o monte Lobaqueiros) para chegar a Castro Laboreiro. Estas viaxes facíanse pola noite, moitas veces con condicións climatolóxicas adversas, tales como neve, choiva, vento e frío de montaña. Os produtos cos que máis se comerciaba eran o café, as pedras de chisqueiro e o bacallau salgado (demominado na zona como bacalao). Debido a isto, construiríase máis tarde un cuartel da Garda Civil na zona. Antes da inclusión de España na Unión Europea, todos os anos, acudían ao Concello alcaldes e diversos funcionarios dos concellos da raia galego-portuguesa para revisar os lindes entre
Galiza e Portugal.
PatrimonioEditar
Na igrexa de Albos destacan tres cruces antigas. Unha delas, de finais do século XII ou principios do XIII, é de cobre esmaltado cun Cristo en maxestade. As outras dúas son procesionais, unha delas chapada en cobre, flordelisada e cun Cristo de tres cravos, datada na segunda metade do século XIV.
A igrexa de San Pedro de Ourille consta de tres corpos. A fachada dianteira é moi sinxela, sen apenas motivos decorativos o que reforza o carácter neoclásico típico das construcións ruiras de fins do século XVIII e principios do XIX en Galicia.[8] No primeiro corpo, o único elemento ornamental é a arquitrabe da porta, lisa e decorada con motivos xeométricos. O segundo corpo, separado do primeiro por un friso liso, é elíptico nos seus extremos, sobre os que se erguen uns pináculos puntiagudos. O terceiro corpo constitúeo un campanario de dobre corpo; no primeiro atopámonos con dous arcos romanos e ás campás, no segundo hai un arco de menor tamaño sobre o cal érguese un último arco aínda máis pequeno e o pararaios. Posúe un nicho con figura sobre o rosetón. No interior as bóvedas son de canón, e no altar maior hai un retablo barroco decorado, restaurado no 2006.[9]
A igrexa de Sanguñedo foi construída a principios do século XVIII. Segundo a inscrición do canteiro situada na fachada posterior, a obra foi rematada no ano 1707. A fachada ten unha porta de lintel sinxela e remata cunha cornixa curva.[10] Nos extremos da cornixa érguense dous pináculos puntiagudos rematados en esfera. O campanario está conformado por dous arcos romanos, nos cales ubícanse dúas campás, unha por arco. Por riba deste corpo atopámonos con outros dous pináculos, similares aos situados na cornixa, e máis unha estrutura triangular sobre a cal está un pararaios ornamental con forma de cruz grega.
A ermida da Ascensión ten un atrio con cuberta a catro augas, no que destaca o seu campanario, rematado con dous pináculos nos extremos e unha cruz sobre base curva na parte central.[11] O campo que rodea a ermida está adornado cunha obra do pintor ourensán Virxilio. O primeiro xoves de xuño ten lugar a festa en honra desta Virxe, sendo trasladada en procesión dende a igrexa de Gontán até a capela, poxando os fieis por levala a ombros en cumprimento dunha promesa por algún favor concedido.
O cruceiro do Vieiro posúe un Cristo cunha expresión de dor de gran patetismo.
No municipio atópase unha das mámoas máis grandes descubertas en Galicia: a mámoa Mota Grande con interesantes pinturas e gravados. Da época castrexa e a romanización o que mellor se conserva é o castro de Ourille e a máis a vía romana. Non obstante, os sinais de romanización non se limitan exclusivamente á vía, senón que quedan restos dun campamento romano, coñecido como A Cividá. Na serra do Leboreiro, que marca a fronteira con Portugal e onde se atopan as cotas máximas, atopamos algúns restos megalíticos, entre os que destaca unha necrópole de mámoas cunha cámara funeraria. Así mesmo, estanse levando a cabo unha serie de escavacións arqueolóxicas nas ladeiras do Penagache.[12]
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Verea.
ParroquiasEditar
Lugares de VereaEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Verea vexa: Lugares de Verea.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2021) "Verea".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 12 de xuño de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Verea". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ "Historia, patrimonio, arquitectura y recursos turísticos de Verea". www.terradecelanova.es. Consultado o 2021-01-29.
- ↑ Ourense, Sofía López / (2006-12-18). "Los feligreses de Ourille estrenan el retablo de su iglesia parroquial". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-01-29.
- ↑ "Iglesia de San Salvador de Sanguñedo – Terra de Celanova — Serra do Xurés" (en castelán). Consultado o 2021-01-29.
- ↑ "Ermida da Ascensión de Gontán". Patrimonio Galego. Consultado o 2021-01-29.
- ↑ "Ayuntamiento de Verea - Mancomunidad Terra de Celanova". www.terradecelanova.es. Consultado o 2021-01-29.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Verea |